17 jun 2019

Participamos na Intervención Artística "Enredando na Rúa"

Fai uns días participamos, convidados por  APAMP , na súa terceira Intervención Artística: “Enredando na Rúa”, colaborando na construción dunha gran rede  que cubriu a praza do Paseo de Alfonso  XII de Vigo.
A finalidade do proxecto foi tecer relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando na construción dunha obra común.

Nesta proposta participaron numerosas entidades, nenos e nenas da cidade,  veciños dos diferentes barrios, maiores, artesáns, artistas, colectivos sociais,  convertíndose nunha gran obra colectiva de todos os vigueses y viguesas.
A nosa participación consistiu na elaboración dun tecido, para o cal eleximos a técnica dos telares de lá, no que traballamos no centro durante un par de semanas.
O pasado 13 de xuño estábamos convocados no Paseo de Alfonso para levar a nosa peza e unila ao resto el resto da obra para dar forma e  concluír a obra final.
Foi unha xornada lúdica con actuacións  de diferentes colectivos e actividades varias.

Nesta ocasión, desplazámonos un pequeno grupo de usuarias en representación de todo o centro.

Aquí podedes ver as marabillosas fotos que fixo da xornada o fotógrafo amigo Manuel G. Vicente:



6 jun 2019

Xogamos ao bingo co alumnado da EI Monte da Guía

O pasado 22 de maio participamos nunha actividade que nos encanta, que puidemos compartir có alumnado de 6º de infantil da EI Monte da Guía.

Despois de que estes nenos e nenas pasasen o curso aprendendo os números, achegáronse a visitarnos no centro e pedíronnos que lles ensinásemos a xogar ao bingo, co obxectivo de afianzar os seus coñecementos numéricos de xeito lúdico e divertido.


E nós, que nos encantan os nenos e as nenas, pois felices de poder axudarlles compartindo unha actividade que nos encanta e que practicamos case tódalas semanas: o bingo.

As fotos falan por si mesmas, neste enlace podedes velas:

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Celebramos os maios e participamos na Feira "Somos Arte"

O mes de maio é o mes das flores, mes de numerosas celebracións, entre elas os maios, que xa son tradición no noso centro.
Desde fai moitos anos, construímos un maio e participamos en diferentes actos do barrio compartindo as nosas tradicións e saberes cos veciños e veciñas de Teis.
Este ano contamos coa colaboración da Asociación Alborada para facer a recolección do fiuncho e das flores coas que armar o noso maio, actividade que compartimos.
Neste enlace podedes ver máis fotos da montaxe do maio deste ano:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS


Ao día seguinte trasladamos o noso maio ata as instalacións do Centro Sociocomunitario de Teis, onde participamos na Feira do social "Somos Arte", convidados polo Colexio San José de la Guía, xunto con outras entidades, e compartimos unha xornada de festa e convivencia da que desfrutamos moitísimo.

A pesares da calor sofocante, non faltou a música, os cantares, o baile e as ganas de pasalo ben.

Podedes ver máis fotos da xornada neste enlace:
PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

6 may 2019

Os venres, tarde de bingo

Hoxe queremos contarvos unha das nosas actividades preferidas, que acostumamos repetir os venres pola tarde, o bingo.



Como podedes ver nas fotografías, é unha actividade moi concurrida, á que se apuntan a maioría dos maiores... será polos premios?????

ENLACE ÁS FOTOS

Manuel cumple 94 anos

94!!!!! Nada menos!!!!

O 23 de abril estivemos de celebración no centro, e non era para menos, 94 primaveras non se cumpren tódolos días.

Non faltaron a tarta, as felicitacións e os agasallos


Que sexan moitos máis Manuel!!!!

ENLACE ÁS FOTOS

Imos á Misa de Luns de Pascua á capela de A Guía

O pasado luns 22 de abril, luns de Pascua, aproveitando que a capela da Guía estaba aberta, fumos ata alí un grupo de persoas usuarias do centro para escoitar a misa de 12:00.


Esta actividade xa é unha tradición no centro, que gusta moito aos nosos usuarios/as.

ENLACE ÁS FOTOS


4 abr 2019

Recibimos a visita do Mago Cali grazas á Fundación Abracadabra

Onte tivemos no centro unha visita moi especial e pola que nos sentimos moi agradecidas e agradecidos... O Mago Cali achegouse ao centro para presentarnos o seu fantástico espectáculo de maxia.



Foi unha sesión chea de sorrisos e trucos de maxia que nos deixaron a todos e todas coa boca aberta, como ben podedes apreciar nestas marabillosas fotos que fixo da xornada o noso bo amigo Manuel G. Vicente.

MIRA AQUI TODAS AS FOTOS DA SESIÓN