2 dic 2011

¿Por qué un blog?

Hai cousa de un par de meses, máis ou menos, iniciamos como experiencia piloto un obradoiro de novas tecnoloxías cos usuarios do Centro de Día Atalaia. En primeiro lugar experimentamos coas cámaras de fotos dixitais, o teléfono móbil, e a cámara de vídeo. Despois nos atrevimos co ordenador, primeiro experimentando con software muy sinxelo para aprender a manexar o rato e pouco a pouco nos iniciamos no manexo do teclado.

Empezamos como non quere a cousa, por probar, pero pronto nos dimos conta que a actividade gustaba moito, os maiores amosaban moita curiosidade e ganas de aprender, e así, pouco a pouco, empezamos a pensar que debíamos ir máis aló. Foi entonces cando xurdiu a idea do blog, crear un espacio na rede que fóra noso, onde poder contar o noso día a día, e achegar así a nosa actividade cotiá ás familias principalmente, e a todo aquel que esté interesado no noso día a día.


Hoxe comeza a nosa andadura pola rede, estamos entusiasmados. Esperamos cumprir as expectativas e facer deste un espacio de comunicación e de intercambio de experiencias. Queremos que nos sigades, que nos fagades moitos comentarios, ter moitos, moitos lectores e que nos fagades saber que estades ahí.

Non desesperedes se os inicios son algo lentos, debedes saber que esto é algo moi novo para nós, e imos aprendendo sobre a marcha, ademais o Nadal se achega, e son unhas datas que nos consumen moita enerxía, polo que o noso propósito para o Ano Novo é ver nacer e crecer este pequeno blog día a día...

28 oct 2011

Benvid@s á noso blog

Estamos en fase de construcción.
Moi pronto funcionaremos o 100%