27 oct 2014

Maiores Activos en Dereitos

Desde o CAPM Atalaia queremos convidarvos a todos, usuarios/as, familiares, e a todo aquel que esté interesado na temática a impartir, a asistir a unha charla que a  asociación ADICAE (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros), impartirá no noso centro o próximo
 
MARTES 4 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 DA MAÑÁ

Baixo o lema “Maiores Activos en Dereitos” unha avogada especialista en consumo tratará:
     - a temática da colocación dos aforros nas entidades bancarias co obxectivo de evitar enganos e abusos,
    -  as claves para defender os nosos dereitos como consumidores na contratación de servizos básicos como son a electricidade, auga, telefonía, etc.

Para unha correcta organización da actividade, precisamos que todos aqueles que queirades asistir, vos inscribades previamente nos teléfonos 667 125 280/ 986 190 367 antes do luns 3 de novembro.

Campaña de Vacinación frente a Gripe


Estimados/as familiares e coidadores/as dos usuarios do centro de día “Atalaia”:

Coma tódolos anos por estas datas, a través dos centros de saúde dá comezo a campaña do Sistema Galego de Saúde (SERGAS) de administración de vacinas fronte a gripe.
A gripe é unha enfermidade altamente infecciosa que en persoas adultas sas non ten, xeralmente, demasiada gravidade. Pero en certos colectivos sí que pode constituír un risco grave de saúde, como é no caso de persoas coas defensas baixas, nenos e, no caso que nos ocupa, persoas maiores.
       
    Por todo isto recomendo que acudan ó seu centro de saúde, para asesorarse sobre a conveniencia de que se vacinen fronte a gripe as persoas maiores que están ó seu cargo, así como vostedes mesmos. Sería convinte que aproveitasen a visita ó seu médico de cabeceira, para revisar outras vacinas necesarias no maior, como son a vacina fronte ó neumococo (esta bacteria produce con frecuencia neumonías, con graves consecuencias para os maiores e inmunodeprimidos) e a vacina fronte ó tétanos e a difteria. É de utilidade que ó acudir ó médico do centro de saúde para revisar as vacinas necesarias para o maior, leve con vostede as antigas cartillas de vacinación que poida ter o maior na casa.

RECORDE, É MELLOR PREVIR QUE CURAR

Se o maior se atopase enfermo e sospeitasen de gripe, a mellor actuación será poñerse en contacto telefónico co centro de saúde, e deixalo namentres na casa, para evitar que infecte a outras persoas.

As vacinas preveñen moitas enfermidades graves, evitando tratamentos con moitos efectos secundarios e menos efectivos que unha vacina a tempo. Lembre que a Consellería de Sanidade habilitou un teléfono para atender emerxencias non urxentes: 986 806350. Tamén poden chamar ó seu centro de saúde para maior información sobre a campaña de vacinación.
NO CASO DE VACINAR O MAIOR, AGRADECERÍAMOS QUE NOS INFORMASE PARA QUE CONSTE NO CENTRO DE DÍA.




Carlos García Domínguez
Enfermeiro do Centro de Día “Atalaia”

13 oct 2014

Cumpreanos feliz... por partida cuádruple

Chegou outubro, e nada máis comezar o mes, catro das nosas usuarias celebran o seu cumpreanos, o día 5 Marina, o día 6 Mª Luisa e Teresa e María o 9 .

Para celebralo, organizamos unha festiña, que empezamos a preparar o mércores pola mañá cun obradoiro de repostería, no que un grupo pequeno de usuarias traballaron a reo para elaborar unha tarta coa que agasallar as catro homenaxeadas.

O xoves pola tarde foi o momento escollido para cantar o cumpreanos feliz, bailar algunhas pezas todos xuntos e entregar o agasallo que fixemos para cada unha delas con todo o noso agarimo.

Aquí tedes algunhas fotiños da xornada: