Nos atopamos en Vigo, na rúa Dona Fermina nº9, no barrio de Teis. O noso teléfono de contacto é o 886 907 004.
¿Cómo podo acceder ao Centro?
Aquelas persoas que dexesen solicitar praza no Centro terán que facelo a través do Sistema Galego de atención á Dependencia, é dicir, o primeiro paso que deben dar é solicitar a valoración do grao e nivel de dependencia do usuario.
Para comenzar o trámite, recomendamos que se dirixan ao seuTraballador/a Social de referencia para que lle poida orientar e asesorar no proceso.
- Por exemplo, pode dirixirse aoTraballador/a Social do seu Centro de saúde
- Ou ben, pode solicitar cita co Traballador/a Social do Concello que lle corresponda segundo a zona na que viva en Vigo. Para saber con exactitude cal sería, pode acudir ás oficinas de Benestar Social do Concello de Vigo situadas no edificio do Concello na Praza do Rei nº 1, pranta baixa, contactar por teléfono no: 986810129, no 010, ou achegarse á UTS (Unidade de Traballo Social) máis próxima ao seu domicilio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario