31 dic 2015

A nosa tradicional visita ós Belens de Afundación

O pasado 22 de decembro, voltamos repetir unha desas actividades que tanto nos gusta, a visita á exposición de Beléns de Afundación. Fomos, como outras veces, acompañados polos nosos amigos e amigas da Asociación Alborada.

Despois da visita cumprimos todos xuntos con outra tradición que nos encanta, ir a tomar un chocolate con churros nunha famosa cafetería da cidade.

As fotos falan por si soas do ben que o pasamos, así que aquí volas deixamos:

29 dic 2015

Feliz 2.016

O 2.015 está a piques de rematar, e queremos desexarvos en feliz ano novo a todos os que seguides as nosas andanzas.
Estes días estamos a facer repaso de todo o que deu de si este 2.015, e queremos compartilo con todos vós. Por iso preparamos este vídeo onde podedes ver algúns dos mellores momentos.

Esperamos que vos guste!!!!!






17 dic 2015

E onte... É o turno dos peques da escola infantil municipal

Seguimos coas visitas. Onte foi o turno dos máis peques, que prepararon unha preciosa panxoliña e un baile.

Nós aproveitamos para ensinarlles algunha das moitas panxoliñas que sabemos e xuntos pasámolo estupendamente.

Podedes ver aquí as fotos da xornada:




16 dic 2015

O CEP Santa Tegra felicítanos as festas con panxoliñas de Nadal.

Estamos no mes de Nadal, época de compartir cos nosos os nosos mellores desexos.
É por isto que estes días estamos a recibir polo centro a visita de moitos dos amigos e amigas cós que compartimos ó longo de todo o ano actividades moi diversas, para desexarnos un bo nadal.
 Onte foi o turno do alumnado do CEP Santa Tegra, en concreto das clases de 1º, 2º e 3º de primaria, que se achegaron ó centro para compartir con nós un concerto de panxoliñas que estiveron preparando con moito agarimo para nós.
Aquí deixamos as fotos da fantástica xornada:

Obradoiro de Nadal cos amigos/as do EEI Monte da Guía

O pasado venres tivemos polo centro unha visita moi especial. A clase de 5 anos do EEI Monte da Guía, acompañados poloas profes Elena e Rafa achegáronse para compartir con nós unha actividade preciosa que deixou unha fermosa árbore de nadal adornando a nosa galería.


Comezamos a xornada co saúdo entre nenos/as e maiores, e as presentacións nos que aínda non nos coñecíamos.


Unha vez feito isto, xa nos metimos de cheo en materia. Divididos por parellas (neno/a e maior), os nenos/as debuxaron nun folio a man do seu maior, para despois recortala. Tamén decoramos xuntos uns preciosos corazóns que encheron a nosa árbore de amor.


Despois de todo este traballo, chegou o momento de montar e decorar a árbore. Nas fotos podedes ver todo o proceso e o fermoso resultado:


13 nov 2015

Celebramos o Magosto

Estamos en novembro, tempo de frío e castañas, tempo de magostos.

Nós non perdemos ocasión para montar unha festa, así que aproveitando a época do ano, puxémonos mans a obra para celebrar un magosto "como dios manda".

O luns 9, día anterior a festa, puxémonos mans á obra, e picamos as castañas que íamos comer o día seguinte. Nesta tarefa involucrámonos todos, e aproveitando unha estupenda mañá de sol, saímos á terraza a traballar:





O martes 10, visitáronnos tres irmás castañeiras, Puriña, Manoliña e Maruxiña, que madrugaron moito ese día, e viñeron no Castromil desde o seu pobo, O Quinto Carballo, para asarnos as castañas. Unha delas viña preñada e todo, e logo descubriredes o que nos pasou con ela.
Aquí presentámosvos as nosas castañeiras:


Estas tres mulleres traballaron a reo, asaron castañas, chourizos, fixeron queimada e trouxeron viño da casa para que a nosa festa fose un gran éxito:



E efectivamente, a festa foi un gran éxito, comimos castañas a rebentar, e que ricos estaban eses chouriciños:




E claro, despois de tanto comer e beber había que baixar todo aquilo, así que veña a bailar todos xuntos....



E cando a festa xa estaba a piques de rematar... menudo susto... a Puriña rompeu augas e púxosenos de parto.... Menos mal que entre nosos usuarios tiñamos experimentadas comadronas e todo ssaiu moi ben:


Foi un día fantástico, onde rimos, comimos, bailamos e pasámolo estupendamente todos xuntos.

Moitas gracias as castañeiras por todo e.... con respecto o de cobrar... vaian vostedes a falar cós de Santiago e a ver se teñen sorte...


O día a día no noso centro

Ultimamente non contamos moito do que facemos no centro, así que hoxe imos aproveitar para contarvos como son algunhas das actividades que ocupan o noso día a día a través de imaxes.

Comezamos cun dos moitos obradoiros de cociña que facemos. Desta vez un pequeno grupo de usuarios elaboraron unha deliciosa crema de cabaza, aproveitando os foitos da nosa pequena horta.
Como case todos somos moi "cocinillas", procuramos ir alternando ás persoas que participan nestes obradoiros. Nesta ocasión estos foron os encargados:

Tamén temos sesiones de estimulación cognitiva baseada no método Montessori, dúas veces por semana, destinada especialmente para aqueles usuarios/as cun deterioro cognitivo máis importante:

O coidado das plantas é algo que nos encanta, por iso cada certo tempo adicamos unha mañá a limpar, abonar e mimar as plantas que temos repartidas por todo o centro. Desta vez tocoulle o turno ás macetas das terrazas superiores:

Outras veces facemos actividades de tipo máis oral, para estimular a linguaxe, a memoria, o razoamento, etc. Nestas fotos podedes ver a Ana, a psicóloga do centro nunha actividade grupal traballando con adiviñas.


Parabens Rosa e Ramón

Nesta ocasión temos que felicitar a dous dos nosos/as usuarios/as polo seu cumpreanos.
ROSA
RAMÓN


¡¡¡¡¡Moitas felicicidades ós dous!!!!

22 oct 2015

As nosas útimas celebracións

Estes últimos meses celebramos, como é costume, os aniversarios dos nosos usuarios/as.

Os homenaxeados destes meses:

 Carmen



Lito

María
Marina


María 



Mª Luisa y Tere






Retomamos o noso blog

Sabemos que levamos bastante tempo sen publicar nada, os meses de verán sempre son complexos e se o unimos a circuntancias do máis variado que foron acontecendo durante este tempo pois...

O caso é que estamos aquí de novo, e durante todo este tempo nós seguimos traballando, e desfrutando moito do verán, da terraza e dos foitos da nosa horta.
Tamén aproveitamos para saír a pasear, ir á festa... Despois de tanto tempo sen dar señais de vida, retomamos as nosas publicacións cun resumo dalgunha das nosas tarefas durante estes meses.

En primeiro lugar deixamos as fotos da festa de A Guía, alá pola primeira semana de agosto:


Tamén saímos a pasear en diferentes ocasións pola praia de A Punta, como podedes ver nestas fotos:


Aquí deixamos algunha foto deses días de verán que pasamos na terraza, tomando o sol, paseando e desfrutando do bo tempo.


Pero non todo foi troula estes meses, tamén tivemos ocasión de traballar, entre outras cousas, elaborando deliciosas receitas cos fritos da nosa pequena horta. Entre outras cousas fixemos cremas de cabaciño, cremas de cabaza, pementos asados ó forno, marmelo, ensaladas de tomate, tartas, etc... Aquí podedes ver algunha mostra:


30 jun 2015

Polo San Xoán... festa rachada

A semana pasada celebramos no centro unha desas festas cheas de crenzas e tradicións que tanto nos gustan: O San Xoán.
Comezamos a véspera, o 23, cunha visita moi especial, dúas meigas da nosa terra estiveron no centro para prepararnos para a máxica noite de San Xoán cos diferentes rituais vinculados as herbas, a auga, o lume...
Preparamos o cacho, queimamos na fogueira os nosos desexos, a saltamos, preparamos unha queimada e pasamolo de morte...
O día 24 pola mañá lavamos a cara coa auga de San Xoán, e preparamos unha ensalada cos primeiros froitos da nosa horta (leitugas, tomates e cebolas) que acompañaron a unhas deliciosas sardiñas asadas e un exquisito pan de millo. Rico, rico de verdade, e o postre... uhmmm, un delicioso flan caseiro.
Como podedes imaxinar, ese día chupamos os dedos.
Aquí podedes ver unha pequena mostra en imaxes do que deu de si esta festa en Atalaia:

8 jun 2015

Cruzamos o charco e.... Visitamos Cangas

O pasado venres día 5 de xuño realizamos unha actividade que xa empeza a ser tradición no noso centro... A travesía en barco pola nosa ría ata o concello de Cangas.

Na estación marítima esperánbannos os nosos amigos da asociación Alborada, que nos acompañaron para poder desfrutar da saída con total seguridade e comodidade.

A súa compañía sempre é moi grata, son uns rapaces e rapazas moi agradables e atentos.

Ás 11:30 puxemos rumbo ó noso destino, e como o bo tempo acompañounos en todo momento puidemos desfrutar dun agradable paseo pola Alameda de Cangas.

Alí, aproveitando que era día de feira, uns aproveitaron para visitar os diferentes postos do mercadillo e comprar algunha prenda de roupa para ir á moda este verán, outros quedaron no parque biosaludable facendo algo de exercicio, e outros simplemente se adicaron a pasear e charlar.

A comida a fixemos no Centro Social, que cedeunos as instalacións, e alí compartimos todos xuntos, maiores, voluntarios e traballadores do centro un agradable xantar.

Pero como todo o bo remata, chegou a hora de voltar, polo que collimos de novo o transporte de ría, e cansos de tanto traxín voltamos cadaquen a súa casa para descansar durante a fin de semana, e con moitas ganas de poder repetir...

Pero mira que nos gusta viaxar!!!!!!!

Aquí podedes ver algunha das fotos que fixemos da nosa viaxe:


29 may 2015

Os máis cativos plantan tomates na nosa horta...

Onte pasamolo bomba compartindo unha actividade co grupo de alumnos/as de 2-3 anos da escola infantil municipal Atalaia.

Estes cativos plantaron nun bote de iogurt unha semente de tomate cada un, e despois de coidala con moito esmero na aula, onte achegáronse á nosa horta para transplantar a súan plantiña nun anaco da nosa pequena horta que os maiores lles prepararon con moito cariño.

Un a un, foron colocando a súa plantiña no burato e despois regaron con moito coidado, sempre moi tutelados por un grupo de maiores. Aproveitaron para visitar a nosa horta e coñecer un pouco máis de onde saen as verduras que comen cada día no comedor do cole.

Como anécdota divertida, contarvos que tiñamos xa un tomatiño precioso nunha das nosas tomateiras, e unha das rapazas non puido resistir a tentación e arrincouno... Mercedes, Victoria e Mª Luisa non puideron reñila, tiña unha cara de anxeliño..., así que non puidemos facer outra cousa que botarnos a rir cando pescamos a todos tentando darlle un bocado a aquel tomatiño verde que se convertira no pequeno tesouro dos nenos/as.

Esperamos que esta actividade os anime a probar as verduras e aprecialas máis, pero cando estean ben maduras!!!!!!!!!

Aquí podedes ver algunha das fotos da xornada:

15 may 2015

Maio, o mes de Victoria, Lola, María, Mercedes e Elvira

Temos este mes cheo de aniversarios, cinco nada menos!!!!!!

Aproveitamos para felicitar desde aquí as nosas boas compañeiras, desexando poder compartir con elas moitas festiñas máis:

LOLA

MARÍA

VICTORIA

MERCEDES

ELVIRA

 Parabens a todas!!!!!

"Imos Sementar" co 3º curso do CEP Santa Tegra na nosa horta

Onte foi un día de traballo intenso. Recibimos a visita dos nosos amigos e amigas, o alumnado do terceiro curso do CEP Santa Tegra de Teis, que viñeron con moitas ganas de aprender e traballar na nosa horta.

Nós, os maiores do centro de día, exercimos de mestres, mentres os nenos e nenas descargaron toda a súa enerxía en poñernos a horta a punto.

Arrincaron malas herbas, que temos que confesar que tiñamos unha morea, cavaron con moito salero a terra, a rastrillaron, botaron abono, axudaron a colocar as mallas antiherba e plantaron leitugas, cebolas, tomates, cabazas, cabaciños, pepinos, xudías e melón, regaron...

A verdade que estes rapaces están feitos uns verdadeiros agricultores, coas nosas indicacións e a súa enerxía, nunha mañá a nosa horta quedou estupenda... cun montón de plantiñas que pronto darán unha excelente colleita.

O noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo unhas fermosísimas fotos que queremos compartir con todos vós:





12 may 2015

Celebramos os maios cos coles do barrio

O venres tivemos unha actividade desas que nos encantan e que ano tras ano repetimos.

Respostando unha vez máis á invitación do EEI Monte da Guía, e acompañados por parte do alumnado do CEP Santa Tegra, un grupo bastante numeroso de usuarios /as achegámonos ás instalacións do centro educativo para traballar conxuntamente nos diferentes obradoiros que había preparados.

Foi un traballo intenso e compartido entre nenos/as, maiores, profes, nais e pais, traballadores do CAPM, etc.

Como todo traballo ben feito sempre ten a súa recompensa, unha vez rematado o noso maio e os diferentes murais conmemorativos, adicamos un rato a merendar, cantar, bailar e escoitar o son das gaitas.

Pasámolo estupendamente, tal e como podedes observar nas fotos que fixemos da xornada:




24 abr 2015

Parabens Carmen e Bene...

Onte voltou ser día de celebración, e nesta ocasión os homenaxeados foron os nosos compañeiros Benedicto e Carmen.

Comezamos cun obradoiro de repostería, no que as nosas cociñeiras Mª Luisa e Victoria elaboraron coa axuda da nosa compañeira María esta deliciosa tarta de crema de turrón que podedes ver nas imaxes:


Despois de tan excelente traballo, os homenaxeados sopraron as velas e todos xuntos degustamos esta maravilla de tarta.

E como non, nos faltou un pequeno agasallo para cada un dos homenaxeados do día. Aquí deixamos algunha das fotos da xornada:

10 abr 2015

Metidos de cheo na cociña...

Onte aproveitamos as últimas cabazas que tiñamos gardadas da colleita da última tempada e metímonos de cheo na cociña a traballar.

Un grupo de usuarios/as moi voluntariosos/as adicaron a mañá a pelar, limpar e cortar as diferentes verduras co obxectivo de elaborar unha das nosas xa famosas crema de verduras.

Nas fotos podedes ver o moito que traballamos e o excelente resultado que obtivemos, do que daremos boa conta á hora da comida. Lástima que non poidades catalo...



Se tedes algún problema para ver as fotos desde aquí (nos dispositivos con sistema operativo android pode que aparezca a mensaxe de que non tedes instalado o complemento necesario), podedes premer neste enlace para velas:



CREMA DE CABAZA 8 DE ABRIL
">

7 abr 2015

Imos á misa de Pascuilla na capela da Guía

Onte, luns de Pascuilla, achegámonos un grupo de usuarios/as e traballadores ata a preciosa capela da Guía para escoitar misa.
Aproveitamos para dar un paseo e desfrutar das fantásticas vistas que o lugar ten sobre a nosa ría.

Aquí podedes ver algunha foto:

Parabens Enrique

O día 31 celebramos o aniversario do noso compañeiro Enrique cunha merenda especial a base de tarta que estaba para chuparse os dedos.
Aquí tedes algunha fotiño da celebración:

30 mar 2015

Misa de Ramos en Atalaia

Comezan os actos da Semana Santa, e os nosos usuarios/as, moi fieis as súas tradicións non quixeron perder a oportunidade de compartir xuntos unha eucaristía especial, na que aproveitamos para bendecir un ramiño de olivo que nos acompañará durante todo o ano.
Agradecemos moito o Padre Ramón que se achegara ó noso centro para oficiar esta misa, que tanto gustou ós nosos usuarios/as.
Aquí tedes algunhas fotos desta actividade:



11 mar 2015

Comezamos os traballos na horta

Estes días, coa chegada do bo tempo, e despois de todos estes meses de frío e choiva, retomamos o coidado da nosa pequena horta, que tantas satisfaccións da.

O pasado luns, unha pequena "brigada" achegouse á horta para dar comezo ós traballos previos de limpeza, de cara ir iniciando as nosas plantacións.

 Xa fai un mes, coa menguante de febreiro, que botamos os nosos semilleiros de leituga, tomate, pemento, cebola, porro e cabaciño. Despois de todos os nosos coidados, xa empezan a brotar, polo que esperamos qaue pronto podamos levalos a nosa horta.

Aquí deixamos algunha das fotos que fixemos desta primeira xornada de traballo:

6 mar 2015

Seguimos celebrando aniversarios

Estes días voltamos a estar de celebración.
 Nesta ocasión foron tres os nosos compañeiros/as que engadiron un ano máis ás súas costas, e moi ben levados por certo.
En primeiro lugar, foi a nosa compañeira Carmiña:
Tamén, felicitamos a Carlos: E como non, á nosa boa amiga Fina:

27 feb 2015

Secundina celebra o seu 89 aniversario con nós

Cumprir anos é importante, e celebralo máis, así que nós non deixamos escapar nin unha soa oportunidade de celebración.
Por isto, o luns puxémonos mans á masa para agasallar a nosa boa amiga Secun cun delicioso pastel de fresas con nata o día do seu aniversario. Mirade canto traballamos:

O martes 24 sopramos con ela as velas e todos xuntos degustamos o delicioso pastel durante a merenda.


¡¡¡¡Moitísimas felicidades compañeira!!!!!!!

Actividades de Entroido

Xa tivestedes oportunidade de ver a que liamos para celebrar o martes de Entroido no centro, pero ademais desta festa,durante estas datas desenvolvimos diferentes actividades para poder cumprir coas nosas tradicións.
E como en todo entroido que se precie non poden faltar as filloas, as orellas e as flores, nós metímonos na cociña e puxémonos mans a masa:
Ademais aproveitamos para compartir cós nenos e nenas da escola infantil municipal un obradoiro no que fedellamos coa fariña e os ovos e pasámolo requete ben.

Ben sabedes o que nos gusta compartir o noso tempo cós máis cativos, por iso desfrutamos moitísimo coas visitas que estes nenos e nenas fixeronnos para amosarnos os seus estupendos disfraces. Pero que guapos e guapas estades rapaces!!!!!!!

25 feb 2015

Entroido rockero

Sabemos que estades impacientes por ver a que liamos este ano no Entroido, pero percances imprevistos fixeron que nos retrasaramos unha semana en publicar as fotos da nosa festa.

Esperamos que poidades perdoarnos e aquí tedes, por fin, unha seleccións das nosas mellores fotos.

Temos pendente subir un videoclip, ou algo así, que gravamos ese día, pero para iso aínda tedes que ter un pouco máis de paciencia...

 Nos próximos días tamén subiremos fotos doutras actividades que desenvolvimos durante este entroido 2.015. Estade atentos...

6 feb 2015

Compartimos un conto pola paz co CEI Monte da Guía de Teis

Xa sabedes que nos encantan as visitas, e se quenes visitan ó noso centro son nenos/as, pois todavía mellor, canta alegría traen sempre consigo!!!!!

Onte tivemos unha desas visitas que tanto nos gustan. Foi unha visita que fíxose de agardar, xa que a choiva da semana pasada obrigounos a pospoñela, pero despois dunha semana de espera, onte recibimos no centro a unha representación do alumnado do CEI Monte da Guía, que achegouse a compartir un conto moi especial con motivo da celebración do día da paz.

O conto que con tanto agarimo prepararon titulábase "Un chocolate moi especial". E para endulzar todavía máis a súa visita, agasalláronnos cuns deliciosos bombóns de chocolate. Uhmmmm!!!!!! estaban deliciosos

Nós, estivemos traballando nas semanas anteriores confeccionando uns broches en forma de pomba cos que quisemos agasallar a estes nenos/as, que os recibiron con moita ilusión.

Aquí deixamos algunhas das fotos do que deu de si a xornada:




Moitas gracias pola vosa visita e agardámosvos pronto!!!!

5 feb 2015

"Imos sementar" arranca o seu terceiro ano de andadura

Hai xa tres anos iniciamos un programa en colaboración cós centros educativos do noso contorno polo que usuarios/as do noso centro comparten co alumnado os seus saberes en torno ó campo e os cultivos.

Onte achegámonos unha vez máis ó cole Santa Tegra de Teis, para compartir, desta vez co alumnado de terciero curso, unha xornada na que os nenos/as aprenderon os aspectos básicos de como facer un semilleiro, desta vez, de leitugas.

Foron uns alumnos/as  moi aplicados, e despois dun excelente traballo, quedan responsables de coidar os seus semilleiros ata que estén en condicións de ser transplantados na nosa horta.

Aquí deixamos algunhas fotiños do que deu de si a xornada:


8 ene 2015

Estrenamos a nosa felicitación de Nadal coas familias

O pasado martes 30 de decembro invitamos as familias dos nosos usuarios/as a compartir con nós unha xornada onde fixemos a presentación oficial do video coa nosa felicitación navideña e aproveitamos para compartir un brinde para desexarnos unha moi feliz entrada e ano.

Asimesmo, as familias recibiron un dos nosos "xabóns máxicos" que elaboramos no centro durante o mes de decembro, co desexo de compartir con eles esas "pompas para soñar" que encheron o noso centro de alegría, festa e sorrisos.

Aquí tedes as fotos que fixemos da visita das familias:

Visitamos os beléns e desfrutamos dun delicioso chocolate con churros...

Pois si, este Nadal deu moito de si, e entre outras moitas cousas, a pasado luns 22 de decembro, acompañados polos voluntarios da Asociación Alborada, un grupo de usuarios/as do noso centro, achegámonos ata a sala de exposicións de Afundación para visitar a tradicional exposición de beléns.
Quedamos abraiados da imaxinación e bo facer da xente, cántas cousas bonitas alí había!

O día estaba precioso, pero algo frío, así que como xa é tradición para nós, achegámonos ata unha famosa cafetería da cidade a degustar todos xuntos un delicioso chocolate con churros.

Foi unha xornada fantástica, que podedes ver nas fotos que nos fixo o noso fotógrafo amigo Manuel G. Vicente: