17 oct 2018

De excursión por Bouzas


O pasado 27 de setembro, un grupo de usuarios/as do Centro de día de Vigo-Teis acudimos acompañados por voluntarios/as da Asociación Alborada, familiares dos maiores e traballadoras do centro a pasar unha xornada na vila de Bouzas.

Aproveitamos o fermoso día para pasear ao carón do mar polo precioso paseo que ten Bouzas, ademais participamos nunha interesante actividade organizada pola asociación de mariñeiros de Bouzas, onde aprendimos cousas moi interesantes acerca das embarcacións tradicionais.

Despois dunha intensa mañá, compartimos o xantar todos xuntos no local do centro sociocomunitario, que nos cedeu as súas instalacións desinteresadamente.

Aproveitamos a ocasión para convocar un concurso de repostería entre familias e voluntarios, que como pode verse nas fotos, tivo moi boa acollida, e o resultado foi espectacular.




 Rematamos a xornada cunha sesión de música e baile.

En resumo, foi unha xornada fantástica na que tivemos a oportunidade de romper coa rutina diaria e desfrutar xuntos dun día diferente.

ENLACE ÁS FOTOS DA XORNADA