6 may. 2020

Encontros durante os paseos

Ola de novo!!

O 2 de maio Marisa e a súa filla atopáronse con esta simpática familia... moooi cerca da casa de Marisa


22 abr. 2020

Aprendendo sempre!!!

Nai e filla, man a man. María e Tere 👏👏👏👏👏👏

A Primavera nas cores que Marisa elixe, para ela e para nós

E que nos acompañan cando xa imos pouco a pouco de abril a maio



Aí ven o Maio
de flores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos
Cos puchos furados
calados e quedos
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros

          Curros Enriquez





18 abr. 2020

Dolores presenta un menú variado de actividades

Boas  😊 !!



Veña, empezamos!!!








                                  Máis contenta que unhas Pascuas 😃





9 abr. 2020

Grazas María por compartir un momento do teu día a día con nós!!!!

Desde a ventá de María vemos os aplausos das 8 da tarde de veciños e veciñas do barrio de Teis, do persoal do Centro de Saúde e da nosa compañeira e a súa familia



5 abr. 2020

O noso blog: un lugar de encontro

Invitámosvos a facer do noso blog un lugar de encontro, a usalo para contarnos cousas do día a día. Vernos, recordar, compartir

Lito e Lola comparten un momento da súa rutina diaria



A través do teléfono de contacto co centro de día nos podedes facer chegar as vosas aportacións. Imos falando. Unha aperta forte