Dentro dos diferentes programas e actividades que os profesionais que conformamos o equipo do centro de Día Atalaia desenvolvemos día a día cos nosos usuarios, podemos destacar os seguintes:
Sesión de Bos Días: Realízase de forma diaria en gran grupo con tódolos usuarios unha vez chegan todos ó centro, ó redor das 10:30. É un espacio que ten como obxectivo saudarnos todos, ver quen falta, comentar as principais noticias do día, transmitir informacións de interese para todos, organizar o día, etc.
Actividades de Movemento:
Tendo en conta que a actividade física nas persoas maiores debe ser constante, sostida no tempo e metódica, dende o Centro de día Atalaia plantexamos un programa de Actividades Físicas diarias, no que englobamos tódalas actividades que implican movemento: programa de paseos, xerontoximnasia, psicomotricidade, xogos en grupo tipo rá, bolos, diana, baile….
Actividades Instrumentais da Vida Diaria:
Trátase daquelas actividades onde os usuarios participan nas tarefas domésticas do Centro, como regar, poñer a mesa, dobrar servilletas, manter as xardiñeiras, varrer…
Este tipo de actividades promoven por unha banda o sentimento de utilidade tan necesario para eles, e por outra producen a sensación de que o Centro, dalgún xeito, tamén é a sua casa.
Taller de Reeducación das ABVD: Trátase dun Taller persoalizado para cada maior que participa nel. De forma individual e tamén en pequeno grupo a Terapueta Ocupacional realiza actividades para traballar as alteracións motoras.
Método Montessori:
Trátase dun método de tratamento para persoas con deterioro cognitivo grave. Trabállanse as capacidades cognitivas que o usuario todavía preserva usando materiais e actividades que teñen un significado para él.
Programa “Mans Creativas”:
Trátase dun programa no que traballamos e estimulamos a imaxinación, a creatividade e as capacidades de psicomotricidade fina a través das actividades plásticas. Empregamos múltiples técnicas artísticas, priorizando a reutilización e reciclaxe de materiais de desfeita, ou os elementos da natureza (paus, follas, flores, froitos, ramas, etc.).
Así facemos diferentes elementos que despois empregamos para decorar o noso centro, ou para regalar/ intercambiar nas diferentes visitas que recibimos no centro ou que facemos nós ó exterior.
Actividades culturais e educativas:
Un grupo importante de actividades que periódicamente desenvolvemos no centro e que teñen moi boa aceptación entre os maiores son as de compoñente cultural e educativo. Aquí incluimos actividades de lecto-escritura, cálculo matemático, expresión oral, expresión escrita, razoamento, etc.
Tamén facemos sesións onde traballamos temas que, por diferentes motivos, resulten de interese para os maiores. A modo de exemplo podemos mencionar a recopilación de tradicións e costumes en torno a festas, sesións lembranza de aspectos moi variados da nosa cultura, da nosa cidade, conmemoración de datas sinaladas (día do libro, letras galegas, etc.)
Programa de Educación en Hábitos saudables:
Consideramos como prioritario educar en hábitos saudables ás persoas maiores, polo que regularmente o Enfermeiro do Centro realiza sesión formativas que versan sobre alimentación, hixiene postural, sono, prevención de accidentes…
Programa de Educación Musical:
Este programa engloba actividades como ensaio Coral, manexo de instrumentos de percusión, danzas, sesións educativas profundizando en autores, clasificación de instrumentos, tipoloxías ou estilos musicais, análise de letras…
Obradoiro de Apredizaxe de Novas Tecnoloxías: Os maiores seguen tendo moitas ganas de aprender cousas novas, e todo o relacionado coas novas tecnoloxías xeneralles moita curiosidade, polo que semanalmente, divididos en pequenos grupos, organizamos sesións onde os maiores poden coñecer e probar diferentes tecnoloxías (cámaras de fotos dixitais, a cámara de vídeo, o ordenador, teléfono móvil, etc.)
Xogos:
Neste grupo de actividades inclúense todas aquelas que contemplan unha dimensión lúdica e nas que converxen dous obxectivos fundamentalmente: pasar un rato lúdico cos compañeiros, e por outra banda a estimulación cognitiva e a mellora da psicomotricidade.
Nos referimos a tódolos xogos de mesa cos que os maiores disfrutan moito, como naipes, bingo, dominó, parchís…
Saídas e excursións:
Como xa sabedes, cada certo tempo planificamos algunha saída fóra do Centro. Ademáis de constituir por si mesmo un día de festa, e xa só por iso é especial, tamén aporta aire fresco aos maiores rompendo coa sensación de monotonía.
Estas saídas unhas veces teñen como obxectivo sair a pasear e “cambiar de aires”, especialmente en épocas estivais con saídas ás praias ou xardíns da nosa cidade, e outras teñen un compoñente máis cultural e educativo, como as visitas a museos, exposicións, etc., que facemos máis nos meses de inverno.
Programa de cociña: cociñar
é unha actividade que resulta moi significativa para un gran número
dos nosos usuarios/as, posto que é algo que levan facendo toda a
vida, e có que desfrutan moito. Os obradoiros de cociña dan
continuidade a outras actividades ou programas do centro, como pode
ser a horta (elaboramos receitas cos productos que obtemos dela), a
celebración de aniversarios (elaboramos un pastel para celebrar o
cumpreanos de alguén), ou simplemente elaboramos algo para
desfrutalo todos xuntos despois. Permite
participar a usuarios/as con diferentes capacidades, onde cadaquén
aporta o que sabe, fomentando o traballo colaborativo e a axuda
mutua.
É unha actividade que axuda a traballar na idea de “centro de día” como “fogar” (os olores, as tarefas a desenvolver, etc)
É unha actividade que axuda a traballar na idea de “centro de día” como “fogar” (os olores, as tarefas a desenvolver, etc)
Horticultura:
Como xa sabedes, puxemos en marcha unha horta ecolóxica no Centro, que mantemos entre os usuarios e os traballadores do Centro de Día. Na temporada de verán, tres veces por semán e na de inverno dúas (sempre en función do clima), mantemos a horta con actividades coma remover a terra, regar, plantar, sacar malas herbas, recolectar…
Entre os nosos productos contamos con tomates, pementos, leituga, xudías…un regalo da natureza coa colaboración do noso traballo.
Imos sementar: Procurando
os obxectivos de abrir o noso centro á comunidade e o de potenciar e
poñer en valor os coñecementos, destrezas e saberes dos nosos
maiores, e despois de observar o moito que gozan
os maiores explicándonos e ensinándonos ós profesionais do centro
de día como temos que desenvolver os diferentes traballos da horta,
desenvolvemos un programa conxunto co alumnado de diferentes centros educativos do barrio.
O
esquema básico da actividade é a seguinte:
- Sesión teórico-práctica na aula impartida polos maiores onde o alumnado elabora semilleiros que coidan nas aulas ata o momento da plantación.
- Sesión de plantación na horta do centro de día, coordinada por un grupo de maiores e executada polo alumnado (preparación da terra, plantación regado, etc.)
- Sesión de recolleita (o alumnado recolle na horta o resultado do seu traballo e o leva para as súas casas)
Cine: Programa que foi instaurado pola boa aceptación que tiñan as sesións de películas os venres pola tarde. Aproveitando esa boa aceptación fóronse incluindo novas actividades relacionadas que na actualidade abarcan: visionado da película, foro-debate sobre a mesma, estilos cinematográficos, actores de sempre e de agora… Según o momento do ano e os intereses do grupo as sesións son quincenais ou mensuais.
Celebración de festas do calendario. Como ben sabedes, somos bastante festeiros, polo que aproveitamos a mínima oportunidade para organizar unha festa e botar un baile. Celebramos os cumpreanos dos usuarios, as festas do Nadal, o Entroido, os Maios, o San Xoán, a Romaría de A Guía, o Magosto, e algunha que outra festiña máis...