29 abr 2016

29 de abril: Dia Eurpoeo da Solidariedade Interxeracional


Hoxe, 29 de abril, celébrase o día europeo da Solidariedade entre xeracións.

Desde Atalaia experimentamos en repetidas ocasións os múltiples beneficios que teñen para tódolas persoas implicadas o desenvolver actividades compartidas con persoas de idades diferentes.





É por este motivo que aparece como unha das nosas liñas fundamentais de traballo.

De feito, esta semana tivemos unha visita do alumnado de 6º de Educación Infantil do EI Monte da Guía, co que compartimos un bingo moi especial.

As persoas maiores adoptaron o rol de "mestres" para axudar os pequenos/as a reforzar o coñecemento dos números, que con tanto esmero estiveron aprendendo nas aulas nos últimos meses.

Ademais trouxeronnos diferentes agasallos que prepararon para nós, coa idea de adornar o noso centro de flores de primavera.

E rematamos o xogo compartido degustando uns bombóns que a profe Elena trouxo para todos.

Aquí podedes ver fotos da xornada:


Aínda que si sodes seguidores do noso blogue, sabedes que esta é só unha de moitas, peo aproveitando que hoxe celébrase a solidariedade entre xeracións, queremos agradecer ó equipo docente do EI Monte da Guía ese fantástico traballo que fan, permitíndonos compartir con eles estes momentos tan especiais que sempre nos deixan tan bo sabor de boca.

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

21 abr 2016

Imos ó Museo do Mar

O pasado xoves 14 de abril aproveitamos para voltar a saír do centro e visitar o Museo do Mar.

Desta vez acompañaronnos os voluntarios/as da Asociación Alborada e xuntos compartimos un agradable paseo polas instalacións do museo, parándonos especialmente no precioso acuario, onde puidemos observar as principais especies que viven no fondo mariño da nosa ría.

Aquí deixamos as fotos desta xornada, que, unha vez máis, fixo o noso bo amigo Manuel G. Vicente:

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

13 abr 2016

Visitamos o museo etnográfico Liste

O pasado martes 5 de abril organizamos unha saída ó Museo Etnográfico Liste para participar nun fantástico obradoiro que levaba por título "Instrumentos Humildes" no que unha monitora ensinounos como se pode facer unha música estupenda de case calquera cousa.
Pásamolo estupendamente e aprendimos un montón de cousas.

Como proba aquí tedes as fotos que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo da xornada: