26 abr 2012

De festa de cumpreanos...

Onte voltamos ter festa...
Desta vez celebramos o cumpreanos de tres das nosas usuarias: Quina, que cumpriu o día 20, Mucha, que o fixo o 24 e Esther o 25.
Para merendar tivemos unha deliciosa tarta de cumpreanos, coa que as tres homenaxeadas sopraron as velas. Despois de cantarlles o "Cumpreanos Feliz" recibiron un pequeno agasallo cada unha de parte de todos nós.
Aquí vos deixamos as fotos para que as desfrutedes.


¡¡¡¡¡¡Moitísimas felicidades ás tres!!!!

24 abr 2012

Celebramos o día do libro

O luns 23 de abril se celebrou o Día Mundial do Libro.
 No centro de día quixemos conmemorar este día dun xeito especial.

 Despois de falalo entre todos e darlle moitas voltas, decidimos que o íamos facer ó grande, como nos gusta a nós facelas cousas. Así que decidimos que para conmemorar este día imos escribir un libro.

Imos escribir un libro sobre a historia do noso centro, e ademais imos confeccionalo (elaboraremos as tapas, follas, encuadernación, etc.)

 Estamos moi ilusionados coa idea, e xa nos puxemos a traballar no novo proxecto. Nas fotos podedes ver como xa estamos coa elaboración das tapas do noso libro, e tamén como iniciamos os traballos para darlle contido.

Non sabemos canto tempo imos tardar en rematar, pero vos manteremos informados dos nosos progresos...

¡Feliz día do libro a tod@s!

23 abr 2012

Da horta á mesa

Xa vos contamos noutra entrada como no mes de febreiro comezamos a traballar de novo na nosa horta.
Este traballo, por fin, comeza a dar os seus froitos, e as nosas leitugas xa están preciosas e listas para comer.
É por iso que o venres nos preparamos unhas deliciosas ensaladas para acompañar a comida do día.
Pola mañá a primeira hora, Lito, o encargado da horta, foi recolectar os mellores pés, que Pepita, con moito cariño, lavou na cociña. Rosa, Josefa e Carmen Santos, desta vez foron as encargadas de preparar as ensaladas, axudadas por Esther e Ana Belén.
E todos, na comida, fomos os encargados de dar boa conta delas. Podedes ver todo o proceso na seguinte presentación: Uhmmm... Riquísimo

19 abr 2012

Grazas Bea polo teu cariño

As persoas maiores e os/as traballadores/as do Centro de Día Atalaia formamos unha gran familia. Pasamos xuntos moito tempo das nosas vidas, e iso fai que compartamos moitas cousas, alegrías, penas,...
Hoxe, as persoas maiores usuarias do centro queremos aproveitar este espacio para amosar todo o noso cariño á nosa compañeira Bea, que, tras ano e medio con nós, rematou a sustitución que estaba a facer...
Queremos dicirche:
Grazas por todo Bea, non nos esqueceremos nunca do teu sorriso...
Bicos

2 abr 2012

Chega a primavera...

Polo centro de día tamén chegou a primavera. Levamos un par de semanas moi concentrados traballando na elaboración de centros florais para decorar o centro e darlle o toque máis alegre e colorido propio desta época do ano.
A continuación podedes ver as fotos dalgunha das sesións de traballo así como do resultado das nosas obras. Pouco a pouco iremos engadindo máis, pero paciencia...


Como sempre, agardamos os vosos comentarios...