Seguimos celebrando os nosos anos, para nós é sempre motivo de alegría.
Onte foi Jose Luis o que celebrou connosco o seu 73 cumpreanos.
¡¡¡Moitas felicidades!!!
Aquí tedes as fotos:
26 sept 2012
21 sept 2012
Repetimos visita á praia
Onte decidimos voltar a achegarnos á praia da Etea, aproveitando ó día tan espléndido que nos acompañou.
Algunha de nós atreveuse a darse un chapuzón ben dado (a temperatura da auga invitaba a facelo)e o resto nos conformamos con mollar os pés.
Algún nin recordaba a última vez que se achegara a orilla do mar... polo seu sorriso seguro que vendo as fotos averiguades de quen falo...
Esperamos que o tempo nos siga acompañando para poder repetilo..

18 sept 2012
Setembro, o mes de Eugenia e Lito
Para nós cumplir anos é motivo de alegría, polo que cada vez que un de nós engadimos un ano ás nosas costas non podemos deixar de celebralo.
Nesta ocasión os homenaxeados foron Eugenia que celebrou o seu, nada menos, que 94 cumpreanos o pasado día 8 e Lito, que cumpliu os 69 o domingo 16.
A tarta e o baile non faltaron nesta festa, e como proba do ben que o pasamos aquí tedes as fotos:
17 sept 2012
De paseo na praia da Etea
Aproveitando o bo tempo que temos este mes de setembro, o pasado xoves organizamos unha saída de novo á praia da Etea.
Saimos ás 11:00, un pequeno grupo camiñando e o resto en coche. Chegamos, tomamos posicións, e os usuarios máis osados nos achegamos a auga a mollar os pés.
E a verdade é que a temperatura da auga era moi agradable. Para os que non nos puidestes acompañar, aquí tedes as fotos:

14 sept 2012
Hoxe a cousa vai de pementos...
Por aquí andamos de novo, hoxe para contarvos o que da de si a nosa pequena horta.
Os nosos pementos xa están a punto, e despois de todo o traballo de meses cavando, regando, arrincando malas herbas, etc., por fin puidemos dar boa conta deles.
Como non podedes degustalos, como fixemos nós, aquí vos deixamos as fotos de todo o proceso para que sintades un pouco de envexa:

12 sept 2012
Agosto polo Atalaia
Tal e como prometimos, chega o momento de facer un repaso do que deu de si o mes de agosto polo noso centro.
Agosto foi un mes tranquilo, con moitas ausencias por vacacións dos nosos usuarios, que con todo o que traballamos ó longo do ano, estaban ben merecidas.
Aínda así, tivemos tempo de andar de festa en festa, sobre todo tendo en conta que en agosto se celebran as distintas festas da parroquia de Teis.
Con motivo da celebración da festa en honor a Nosa Señora das Neves, nos visitaron os cabezudos, que encheron o noso centro de cor e alegría. Aquí tedes as fotos:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)