Xa vos contamos na entrada anterior que estabamos a preparar unha celebración do magosto moi especial co alumnado do CEI Monte da Guía.
Xa levabamos moito tempo sen vernos, desde antes das vacacións de verán, e a verdade é que tiñamos moitas ganas de compartir con eles unha das nosas xornadas especiais.
Encántannos os nenos/as, fan que apareza unha enerxía renovada en nós, e aínda que sempre acabamos todos moi cansos, voltamo ó centro con moi bó sabor de boca.
E hoxe non foi distinto.
Pasamos boa parte da mañá con eles, cantando, escoitando as poesías que con tanto agarimo prepararon, bailando xuntos ó son das gaitas, comendo unhas deliciosas castañas, e xogando.
Desta vez os maiores tomamos o rol de mestres, e ensiamos ós máis cativos algún dos xogos de cando nós éramos nenos.
Jose Luis ensinou cuhna paciencia infinita como se bota o trompo, un arte da que é todo un mestre, e que deixou ós nenos abraiados.
Victoria e Mª Luisa foron as encargadas de ensinar a contriur castelos de carozos, mentras que Lito e Carlos se ocuparon de ensinar o xogo do golf-castaña.
Tamén Quina, Isita e Carmiña estiveron moi atarefadas ensinando o xogo da castaña, onde os nenos/as tiveron que afinar a súa puntería.
Rematamos a xornada intercambiando agasallos e agarimos, e desexando que chegue pronto unha nova ocasión para poder compartir tempo con estes estupendos nenos/as e as súas profes.
MOITAS GRACIAS POR INVITARNOS
15 nov 2013
Novembro, o mes do magosto
Como ben sabedes, o mes de novembro é o mes dos magostos, e nós, que somos moi fieis ás tradicións, non íamos deixar a oportunidade de celebrar o noso propio magosto en Atalaia.
Pero como toda boa festa sempre require unha serie de traballos previos, xa levamos unha semana traballando a reo e programando as actividades a desenvolver.
Como non nos chegaba unha festa, decidimos facer dous. O xoves asamos castañas no centro, bailamos e lembramos algún dos xogos que máis nos facían sorrir cando éramos novos.
E despois o venres, aproveitando que tiñamos frescos todos eses xogos, nos achegamos ó CEI Monte da Guía para compartir co alumnado do cole, que xa son vellos conocidos,a súa festa do magosto e xogar un rato xuntos.
Para esta visita ó cole, decidimos preparar uns agasallos, que neste caso foron unhas medallas que elaboramos con castañas e un pouco de imaxinación. Aquí vos deixamos as fotos dos preparativos do noso magosto:
O xoves acompañounos un día fantástico así que na terraza do centro tivemos a oportunidade de celebrar unha xornada moi agradable na que non nos faltou de nada. Aquí tedes aproba:

11 nov 2013
E seguimos de celebración...
O pasado venres 8 de novembro foi o aniversario do noso compañeiro Fino, que celebrou conosco o seu 83 cumpreanos. E é que non paramos de celebrar...
Aquí tedes as fotos:
Aquí tedes as fotos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)