Levamos un tempiño co blog algo parado. Tedes que desculpar, pero con isto das vacacións, uns que chegan, outros que van, pois non tivemos moito tempo.
A pesares disto, o traballo polo noso centro continuou, eso sí, a un ritmo algo máis relaxado, que é verán (aínda que con esta climatoloxía non o pareza) e todos temos dereito a descansar.
A nosa rutina estival consiste fundamentalmente en compartir todos xuntos as noticias do día, para manternos ó tanto do que acontece no mundo, para despois sair a pasear e desfrutar da nosa preciosa terraza.
Sempre que as temperaturas o permiten, facemos algo de ximnasia e despois adicamos tempo a actividades variadas como poden ser regar as nosas xardiñeiras, coidar a horta, pasear ós cans, facer algunha receita na cociña aproveitando os froitos da horta, exercitar a mente, botar unha partida as cartas, ó dominó, etc.
E tamén ademais desta rutina diaria, buscamos ocasións para saír do centro e desfrutar do que o nosos contorno nos ofrece.
O pasado 5 de agosto, con ocasión das festas da Guía, achegámonos á Carballeira de A Guía a escoitar a misa. Aquí tedes algunha fotiño da saída:
Tamén recibimos a visita no noso centro dos cabezudos que viñeron acompañados polos gaiteiros do barrio, e repartiron animación e alegría a raudales.
E o 21 de agosto, aproveitando o bo tempo, achegámonos á praia da Etea a pasar a mañá. Algún incluso foi quen demeterse na auga. Outros preferiron "ver os toros desde a barreira".
Aquí deixamos algunha fotiña: