30 dic 2014

Feliz 2.015


Desde o CAPM Atalaia de Vigo queremos desexarvos un moi feliz 2.015 e que este novo ano veña cargado das pompas que encheron o noso centro estes días...

Se queredes ver o que pasou por Atalaia non podedes perder este vídeo:





Se non vedes correctamente o video, premede no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=FQ_gHOpWPt4&list=UU-ri5ZCxRZB8pmGCaex9zYg

24 dic 2014

¡¡¡¡¡Felices festas!!!!

Usuarios/as e traballadores/as do CAPM Atalaia de Vigo queremos desexarvos unhas moi felices festas e invitámosvos a que estedes atentos á nosa felicitación de ano novo... (non podemos contar máis)

19 dic 2014

As nosas peticións ós Reis Magos xa van de camiño...

Hoxe recibimos no centro a visita do Carteiro Real e a súa axudanta. Achegáronse ó centro para recoller as nosas peticións para as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

 E como este ano nós fumos moi pero que moi bós non nos cortamos en pedir... hai quen ata pediu un coche novo...

Non sabemos se nos traerán todo, Mª Luisa aínda estaba un pouco enfadada porque o ano pasado non trouxeron os dous ordenadores que pedía para o centro. O carteiro tomou boa nota, e comprometeuse a falar seriamente do tema e interceder por nós na medida das súas posibilidades.

Xa vos contaremos que pasa... Mentras, aquí deixamos as fotos da xornada:

A escola infantil municipal Atalaia felicítanos o Nadal

O pasado xoves tivemos unha desas actividades que tanto nos gustan.

Os peques da escola infantil que está nos sotos do noso edificio, achegáronse a facernos unha visita desas que nos fan sorrir moito moito... Os nenos e nenas cantaron, bailaron, trouxeron un agasallo, repartiron bicos e abrazos a raudales...

Como unha imaxe vale mási que mil palabras, aquí vos deixamos algunhas das fotos desta visita:

O CEP Santa Tegra recolle panxoliñas tradicionais galegas

Xa estamos en decembro, e aínda que ultimamente contamosvos pouco do que facemos, nós non deixamos de facer cousas.

O pasado 3 de decembro recibimos a visita do alumnado de 5º curso de CEP Santa Tegra de Teis, que pasaron unha xornada con nós recollendo as letras desas panxoliñas tradicionais galegas que cantan os nosos maiores.

Coma sempre que compartimos actividade con estes mozos, resultou unha experiencia moi agradable, cantamos xuntos, compartimos vivencias e pasamolo requete-ben.

Aquí deixamos a proba:


Foron uns alumnos moi aplicados, e pasadas un par de semanas voltaron ó noso centro coa intención de felicitarnos as festas, e brindarnos un breve concerto coas, entre outras, panxoliñas que aprenderon con nós.
Rapaces, o fixestedes de sobresainte!!!!!!

Aquí tedes as fotos: