Sabemos que levamos bastante tempo sen publicar nada, os meses de verán sempre son complexos e se o unimos a circuntancias do máis variado que foron acontecendo durante este tempo pois...
O caso é que estamos aquí de novo, e durante todo este tempo nós seguimos traballando, e desfrutando moito do verán, da terraza e dos foitos da nosa horta.
Tamén aproveitamos para saír a pasear, ir á festa...
Despois de tanto tempo sen dar señais de vida, retomamos as nosas publicacións cun resumo dalgunha das nosas tarefas durante estes meses.
En primeiro lugar deixamos as fotos da festa de A Guía, alá pola primeira semana de agosto: