Hoxe, 29 de abril, celébrase o día europeo da Solidariedade entre xeracións.
Desde Atalaia experimentamos en repetidas ocasións os múltiples beneficios que teñen para tódolas persoas implicadas o desenvolver actividades compartidas con persoas de idades diferentes.
É por este motivo que aparece como unha das nosas liñas fundamentais de traballo.
De feito, esta semana tivemos unha visita do alumnado de 6º de Educación Infantil do EI Monte da Guía, co que compartimos un bingo moi especial.
As persoas maiores adoptaron o rol de "mestres" para axudar os pequenos/as a reforzar o coñecemento dos números, que con tanto esmero estiveron aprendendo nas aulas nos últimos meses.
Ademais trouxeronnos diferentes agasallos que prepararon para nós, coa idea de adornar o noso centro de flores de primavera.
E rematamos o xogo compartido degustando uns bombóns que a profe Elena trouxo para todos.
Aquí podedes ver fotos da xornada: