30 may 2016

Traballando na horta con 5º de Primaria do CEP Santa Tegra

O pasado xoves día 26 de maio compartimos a mañá co alumnado de 5º do CEP Santa Tegra de Teis traballando na nosa horta.

Foi unha mañá intensa de traballo, arrincando malas herbas, removendo a terra, abonando, plantando, regando...

Os nenos e nenas foron uns excelentes aprendices de agricultores, e traballaron a reo.

Agora toca coidar a plantación e esperar a que as nosas plantiñas medren e den os seus froitos.

Mirade nas fotos que fixemos o moito que traballamos:
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

12 may 2016

Chegan os maios a Atalaia


Comezou o mes de maio, o mes das flores. Como cada ano por estas datas, celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de cantigas e danzas tradicionais.
O pasado luns 9 de maio celebramos a nosa propia festa no centro, construindo o noso maio. 
Este ano, a asociación de comerciantes de Teis pediron da nosa colaboración, para elaborar un maio que estará exposto, xunto cós maios de outros centros do barrio, nas rúas que rodean o mercado de Teis ó longo de toda a semana. Se tedes ocasión, invitámosvos a que vos acheguedes a visitar a exposición. O noso está ubicado na parte alta da rúa Sanjurjo Badía.
Neste enlace, podedes ver a reseña que Faro de Vigo fixo desta actividade:
NOTICIA NO FARO DE VIGO 

Aquí deixamos o enlace ás fotos que amosan o proceso de construcción do noso maio:


Moitas gracias a tódalas familias pola vosa axuda á hora de traernos flores!!!!!! 
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS 

3 may 2016

Atalaia e Alborada coñecen xuntas a historia da industria conserveira da nosa cidade.

O pasado martes 26 de abril achegámonos ata o precioso museo que ANFACO ten nas súas instalacións do CUVI, e dan man de Marina, a persoa que acompañou a nosa visita, aprendimos uns e lembramos outros, a historia da industria conserveira da nosa cidade.

Resultou unha actividade preciosa que deixou moi bo sabor de boca entre todos os asistentes:

Gracias Manuel G. Vicente polas fotos.
ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS