Despois dun tempo co noso blogue "descuidado", voltamos de novo con moitas ganas de contarvos que é o que andamos facendo polo noso centro.
Comezamos co Entroido, que deu moito de si e tívonos moi atarefados durante todo o mes de febreiro.
Participamos nun concurso de máscaras de entroido, e este ano o fixemos coas mans na masa, entre ovos e fariña, e salironnos unhas máscaras "para chuparse os dedos".
Foron días de intenso traballo compartido, que podedes ver nas fotos:
FOTOS CONCURSO DE MASCARAS
O pasado xoves 23 de febreiro, aproveitamos a estupenda programación do Museo Etnográfico Liste de Vigo, para organizar unha saída fóra do centro e coñecer da man de Sonia e Erika as diferentes maneiras de celebrar o Entroido que temos en Galicia.
Comezamos a sesión cunha exposición onde aprendimos como é o Entroido segundo a zona na que nos atopemos, para despois poñernos man á obra para facer o noso propio "Pucho de Chantada".
Estivemos moi aterefados elaborando flores de cores coas que confeccionamos un precioso "Pucho" que probamos todos e despois levamos para o centro.
Máis detalles nas seguintes fotos:
FOTOS DA VISITA O MUSEO LISTE
Pero o noso entroido ainda deu moito máis de si. O día seguinte da saída ó museo Liste, recibimos no centro a visita dos nenos e nenas da aula de 2-3 da Escola Infantil Municipal Atalaia, que se achegaron ó noso centro para desfilar e amosarnos os seus fermosos disfraces.
Podedes ver máis fotos desta visita aquí:
VISITA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ATALAIA
E como ben sabedes, a cociña é unha das nosas paixóns, así que non dubidamos en organizarnos e preparar entre todos/as unha riquísimas orellas de Entroido.
Máis fotos no seguinte enlace:
FOTOS DO OBRADOIRO DE ORELLAS DE ENTROIDO