21 mar 2019

Tere... dez anos con nós

Este mes tivemos unha celebración moi, pero que moi especial...




































A nosa usuaria máis veterana no centro celebrou o seu décimo aniversario no centro, dez anos con nós... case nada
E como non podía ser de outra maneira, non deixamos de celebralo



Aínda parece que foi onte cando abrimos as portas do noso centro, e xa pasaron 11 anos...
Desde aqueles primeiros usuarios/as que abriron con nós o centro pasaron moitísimas cousas, sendo Tere o testimonio de como formamos unha gran familia, e a pesares de tódolos cambios, aquí seguimos, traballando día a día.

Para rendir homenaxe aos 10 anos de Tere en Atalaia deixamos unha pequena presentación dalgún dos numerosos momentos que temos compartido:


Por outros dez anos igual de fantásticos...

12 mar 2019

Baile de Entroido 2019

Como ben sabedes, o pasado martes 5 de marzo foi martes de entroido, e nós celebramos o día organizando no centro un gran baile no que nos transformamos en grandes artistas e dimos renda solta a todas as nosas cualidades musicais... que non son poucas...

Comezamos a mañá coas sesións de vestiario e maquillaxe, para pasar despois á zona de baile.


Desta vez temos que pedirvos desculpas, porque estivemos tan concentrados na festa que fixemos poucas fotos e de baixa calidade...

Pero algunha foto si que podedes ver neste enlace:
FOTOS DO BAILE DE ENTROIDO 2019

Obradoiro de orellas de Entroido interxeracional

Estas últimas semanas andivemos moi atarefados celebrando o Entroido no centro.
Comezamos o martes 26 organizando un obradoiro de cociña, no que invitamos a usuarios/as de ACLAD Alborada para compartir cun grupo das nosas usuarias unha sesión onde puideron aprender a elaborar orellas de Entroido.

Foi unha sesión moi productiva, onde realizamos tres receitas diferentes, as tradicionais, unha versión apta para diabéticos e outra para celiacos.
E despois de tanto traballo compartido chegou o mellor momento de todos... A DEGUSTACIÓN... lamentamos dicirvos que non quedaron nin as migas

Podedes ver máis fotos deste obradoiro aquí:

ENLACE A MÁIS FOTOS