12 mar 2012

O centro de día no programa "Actualizad@s"


O domingo 11 de marzo, emitiuse na TVG un pequeno reportaxe acerca do II Encontro Netos-Avós que celebramos en xaneiro no noso centro.
Se non tivestes a oportunidade de velo, aquí vos deixamos o video para que poidades facelo.

A parte na que saimos nós está polo minuto 36 do video.

Xa nos contaredes que vos parece a nosa aparición nos medios de comunicación




">

9 mar 2012

Menús do mes de marzo

Queremos pedirvos desculpas por non teren publicados os menús correspondes ó mes de marzo.
O motivo é que estamos pendentes dunha nova oferta de menús. Desde a empresa de catering infórmannos de que os novos menús entrarán en funcionamento a mediados ou finais deste mes.
De xeito provisional recibiredes nos fogares unha carta coa información correspondente a primeira quincena do mes.
Cando sepamos seguro a data do cambio xa publicamos a información organizada por semanas, como viña sendo habitual.

8 mar 2012

Traballamos na horta do Atalaia


Tal e como vos prometimos, nos toca falar dalgún dos moitos traballos que facemos polo Atalaia. Hoxe é Bea (xerocultora) a encargada de poñernos ó día de como vai a nosa horta:

Como xa sabedes, temos unha horta que traballamos con moito cariño. Comezamos o traballo da terra a principios de febreiro e xa estamos coa parte da plantación.
Para iso: cavamos e alisamos a terra e colocamos unha tea para que as herbas non nos fagan traballar de máis e poidamos adicar o noso tempo ó que realmente nos gusta, que é poder ver como medran as nosas leitugas, allos, porros, cebolas, acelgas, a coliflor e o brecol, pero que mellor que velo en imaxes:

Nestes momentos andamos preparando o resto da terra, abonando e alisando xa que, o que ó principio ía ser un anaquiño pequeno, estase convertindo en algo máis grande, iso é debido a que os nosos maiores gozan moito coa horta, e xa están pensando no próximo que hai que plantar, por suposto coa súa gran sabiduría o respecto.

6 mar 2012

Programa "Actualizad@s" da TVG

Xa estamos de novo por aquí, está vez para avisarvos que o programa que a TVG grabou no noso centro no mes de xaneiro ¿Recordades? Foi o día da II Xornada Interxeracional Netos-Avós, será emitido o próximo domingo día 11 ás 23:30 aproximadamente.
Non deixedes de velo...

1 mar 2012

Hoxe... Festa de cumpreanos

Hoxe estreamos mes, e aquí estamos de novo para contarvos que voltamos a ter festa. Si, xa o sabemos, somos festeiros de máis, pero...

De todas formas tedes que saber que tamén traballamos moito, estade atentos ó blog, e nos próximos días vos contaremos en que andamos traballando ultimamente.

Voltemos ó da festa. Esta tarde celebramos os cumpreanos de dúas das nosas usuarias, Carmiña, que cumpriu o martes 84 anos e Carmen Santos que cumpría hoxe 86. Como é xoves, tivemos uns invitados moi especiais a nosa festa, os nenos e nenas que participan con nós no Programa Interxeracional.

Como toda boa festa, tivemos música e baile, cantamos o cumpreanos feliz ás homenaxeadas, que sopraron as velas e recibiron un agasallo de parte de todos nós. Despois compartimos unha suculenta tarta, da que non quedaron nin as migas. O sentimos....

Coma sempre, aquí vos deixamos as fotos, para que poidades compartir estes momentos con nós.


De novo, vos invitamos a que nos fagades comentarios, tódolos venres adicamos un ratiño a revisalos e os maiores prometen contestalos todos. Así que xa sabedes...

Non deixedes de visitarnos que pronto teredes novas...

22 feb 2012

Celebramos o Entroido

Xa estamos por aquí de novo. Esta vez para contarvos o ben que o pasamos celebrando o Entroido.

Aínda que o día grande da festa foi onte, nós xa levábamos un tempiño cos traballos previos, xa sabedes, buscando o disfraz, facendo probas de vestiario, elaborando a decoración, os complementos,...
Este ano eleximos como temática central do noso disfraz o deporte, aproveitando que estamos en ano olímpico.

 Unha pequena mostra do moito que traballamos a podedes ver nestas fotos:

 Todo o traballo realizado mereceu moito a pena, e por fin!!!! Chegou o día da gran festa, e como grandes deportistas que somos, pasamos a mañá exhibindo as nosa cualidades deportivas... Un, dous, tres,... ¡¡¡¡Atalaia Olímpica!!!!

Aínda andamos de resaca, pero como sabemos que tedes moita curiosidade, ahí tedes as fotos.



 Aaaaayyyyyy!!!! ¡¡¡¡Pero que guapos e elegantes íamos todos!!!!!

 Hoxe mércores de cinza, tamén andivemos moi atarefados, desde ben cedo empezamos a facer ourellas que degustaremos ó longo do día de hoxe. ¡¡¡¡Pena que nos as poidades probar, porque están riquísimas!!!!!!! E mentres amasábamos e fritíamos aída nos deu tempo a chorar pola sardiña que despide o Entroido. Pero.... Qué pena!!!!! Tamén vos deixamos as fotos aquí....




Pois nada, o Entroido remata, pero non as nosas ganas de pasalo ben, así que xa estamos dándolle voltas á seguinte...

 Vos manteremos informados.

Un saúdo desde o Atalaia

20 feb 2012

En San Valentín...

 Polo Atalaia nestes días tamén celebramos o amor...
Ahí vos deixamos as fotos para que vexades o bonito e amoroso que quedou o noso centro...