30 mar 2012

Menús do mes de abril

Xa tedes dispoñibles os menús do mes de abril.
Para consultalos só tedes que premer na pestaña correspondente.
Ante calquera dúbida, poñédevos en contacto co noso centro.
Un saúdo

14 mar 2012

¡¡¡¡¡Felicidades Jose!!!!

Nesta ocasión queremos aproveitar para felicitar ó noso usuario Jose Castro desde aquí, xa que o pasado día 11 cumpriu 82 anos. Como cadrou en fin de semana, nós o celebramos no centro o luns pola tarde. Tivemos festa-baile, tarta e agasallo...
 Podedes ver as fotos da festa aquí: ¡¡¡¡¡ MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!

12 mar 2012

O centro de día no programa "Actualizad@s"


O domingo 11 de marzo, emitiuse na TVG un pequeno reportaxe acerca do II Encontro Netos-Avós que celebramos en xaneiro no noso centro.
Se non tivestes a oportunidade de velo, aquí vos deixamos o video para que poidades facelo.

A parte na que saimos nós está polo minuto 36 do video.

Xa nos contaredes que vos parece a nosa aparición nos medios de comunicación




">

9 mar 2012

Menús do mes de marzo

Queremos pedirvos desculpas por non teren publicados os menús correspondes ó mes de marzo.
O motivo é que estamos pendentes dunha nova oferta de menús. Desde a empresa de catering infórmannos de que os novos menús entrarán en funcionamento a mediados ou finais deste mes.
De xeito provisional recibiredes nos fogares unha carta coa información correspondente a primeira quincena do mes.
Cando sepamos seguro a data do cambio xa publicamos a información organizada por semanas, como viña sendo habitual.

8 mar 2012

Traballamos na horta do Atalaia


Tal e como vos prometimos, nos toca falar dalgún dos moitos traballos que facemos polo Atalaia. Hoxe é Bea (xerocultora) a encargada de poñernos ó día de como vai a nosa horta:

Como xa sabedes, temos unha horta que traballamos con moito cariño. Comezamos o traballo da terra a principios de febreiro e xa estamos coa parte da plantación.
Para iso: cavamos e alisamos a terra e colocamos unha tea para que as herbas non nos fagan traballar de máis e poidamos adicar o noso tempo ó que realmente nos gusta, que é poder ver como medran as nosas leitugas, allos, porros, cebolas, acelgas, a coliflor e o brecol, pero que mellor que velo en imaxes:

Nestes momentos andamos preparando o resto da terra, abonando e alisando xa que, o que ó principio ía ser un anaquiño pequeno, estase convertindo en algo máis grande, iso é debido a que os nosos maiores gozan moito coa horta, e xa están pensando no próximo que hai que plantar, por suposto coa súa gran sabiduría o respecto.

6 mar 2012

Programa "Actualizad@s" da TVG

Xa estamos de novo por aquí, está vez para avisarvos que o programa que a TVG grabou no noso centro no mes de xaneiro ¿Recordades? Foi o día da II Xornada Interxeracional Netos-Avós, será emitido o próximo domingo día 11 ás 23:30 aproximadamente.
Non deixedes de velo...

1 mar 2012

Hoxe... Festa de cumpreanos

Hoxe estreamos mes, e aquí estamos de novo para contarvos que voltamos a ter festa. Si, xa o sabemos, somos festeiros de máis, pero...

De todas formas tedes que saber que tamén traballamos moito, estade atentos ó blog, e nos próximos días vos contaremos en que andamos traballando ultimamente.

Voltemos ó da festa. Esta tarde celebramos os cumpreanos de dúas das nosas usuarias, Carmiña, que cumpriu o martes 84 anos e Carmen Santos que cumpría hoxe 86. Como é xoves, tivemos uns invitados moi especiais a nosa festa, os nenos e nenas que participan con nós no Programa Interxeracional.

Como toda boa festa, tivemos música e baile, cantamos o cumpreanos feliz ás homenaxeadas, que sopraron as velas e recibiron un agasallo de parte de todos nós. Despois compartimos unha suculenta tarta, da que non quedaron nin as migas. O sentimos....

Coma sempre, aquí vos deixamos as fotos, para que poidades compartir estes momentos con nós.


De novo, vos invitamos a que nos fagades comentarios, tódolos venres adicamos un ratiño a revisalos e os maiores prometen contestalos todos. Así que xa sabedes...

Non deixedes de visitarnos que pronto teredes novas...