Despois dunhas semanas de parón estival, xa andamos por aquí de novo.
Hoxe publicamos os menús correspondentes o mes de setembro, que podedes consultar, coma sempre, premendo na pestaña "Menús".
Estade atentos ó blog, porque nos próximos días vos iremos dando conta do que deu de si o mes de agosto no Atalaia...
Saúdos a todos os nosos fieis lectores.
31 ago 2012
24 jul 2012
Desde Atalaia rumbo á praia...
Despois do éxito da saída da semana pasada á praia da Etea, decidimos repetir...
Aínda que o día amenceu con moita néboa, o ceo despexou xusto para a nosa chegada á praia, cunha temperatura bastante agradable...
Aquí tedes as fotos da xornada, para que vexades o ben que o pasamos:
Aínda que o día amenceu con moita néboa, o ceo despexou xusto para a nosa chegada á praia, cunha temperatura bastante agradable...
Aquí tedes as fotos da xornada, para que vexades o ben que o pasamos:
18 jul 2012
“Laxeiro, unha viaxe pola pintura do século XX”
A fundación Laxeiro achega ós maiores do Centro de Día
Atalaia en Vigo a actividade didáctica “Laxeiro, unha viaxe pola pintura do
século XX”
Hoxe, Javier Pérez
Buján, director artísitico da Fundación Laxeiro, impartiu ós usuarios do centro
de Día Atalaia de Vigo unha charla sobre a vida e obra do famoso pintor José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín,
1908-Vigo, 1996).
Durante os 45 minutos
que durou a charla coñecimos que este
pintor galego forma parte do grupo de "Os renovadores" dentro da vangarda
artística galega. A súa obra manifesta un distanciamento do naturalismo
rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición, xunto
con Luis Seoane,
Manuel
Colmeiro, Carlos Maside e outros.
Entre os seus
galardóns cabe destacar a Medalla da Bienal de Pontevedra, a Medalla
Castelao da Xunta de Galicia e a Medalla de Ouro do
Concello de Vigo.
16 jul 2012
Desfrutando do verán paseando pola praia da Etea
Por fin chegou o verán...
E hoxe, un pequeno grupo de usuarios do centro decidimos aproveitar para saír a pasear e recoller cunchas e area de praia para facer algunhas manualidades que nos axuden a darlle ese toque de verán que o noso precioso centro necesita...
O día estaba espléndido e a auga do mar nada fría para o que nos ten acostumados o Atlántico... Así que tiñamos as condicións perfectas... non se podía pedir máis.
Aquí deixamos as fotos para que todos os que estades lonxe da nosa ría sintades un pouco de envexa...

10 jul 2012
O 89 cumpreanos da nosa Pilar...
O pasado venres 6 de xullo Pilar cumpriu 89 estupendos anos, e como sempre facemos, o celebramos todos xuntos, con tarta, baile e agasallo.
¡¡¡¡Moitas felicidades!!!!!
¡¡¡¡Moitas felicidades!!!!!
Consellos para o verán
Na sección "Rincón do Social" Carlos, o enfermeiro do noso centro, achéganos uns consellos para previr as deshidratacións agora que se supón chega a época de temperaturas elevadas.
Non deixedes de ler este artigo...
Saúdos desde o Atalaia
Non deixedes de ler este artigo...
Saúdos desde o Atalaia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)