12 sept 2012

Agosto polo Atalaia

Tal e como prometimos, chega o momento de facer un repaso do que deu de si o mes de agosto polo noso centro.
Agosto foi un mes tranquilo, con moitas ausencias por vacacións dos nosos usuarios, que con todo o que traballamos ó longo do ano, estaban ben merecidas.
Aínda así, tivemos tempo de andar de festa en festa, sobre todo tendo en conta que en agosto se celebran as distintas festas da parroquia de Teis.
Con motivo da celebración da festa en honor a Nosa Señora das Neves, nos visitaron os cabezudos, que encheron o noso centro de cor e alegría. Aquí tedes as fotos:


Tamén asistimos ás celebracións en honor a San Salvador de Teis, polo que un grupo de usuarios nos achegamos ó parque da Riouxa para asistir a unha das misas:


Como facemos sempre, celebramos o 81 cumpreanos de Mito:



Pero ademais de ir de festa en festa, nos quedou tempo de asistir a unha sesión do programa Cociña saudable organizado polo Concello de Vigo dentro do Plan Saúde na praia da Etea.


Agora xa sabedes o que andivemos facendo este tempo... Como sempre, vos invitamos a que sigades atentos, porque pronto teredes novas do que se coce polo Atalaia.

E se non o fixestes xa, queremos recordarvos que se introducides a vosa dirección de correo electrónico no recadro que pon "seguir por e-mail" ubicado na parte superior dereita desta páxina e premedes despois en "submit" recibiredes un aviso no voso correo cada vez que publiquemos algunha nova no blog.

 Xa sabemos que sodes moi tímidos e vos costa escribir, pero non queremos deixar de insistir en que nos encanta recibir comentarios vosos, polo que ánimo e a escribirnos...

31 ago 2012

Celso cumpre 90 anos

Onte 30 de agosto, Celso celebrou connosco o seu 90 cumpreanos.
Aquí tedes as fotos da festa:



Menús de setembro

Despois dunhas semanas de parón estival, xa andamos por aquí de novo.
Hoxe publicamos os menús correspondentes o mes de setembro, que podedes consultar, coma sempre, premendo na pestaña "Menús".

Estade atentos ó blog, porque nos próximos días vos iremos dando conta do que deu de si o mes de agosto no Atalaia...

Saúdos a todos os nosos fieis lectores.

24 jul 2012

Desde Atalaia rumbo á praia...

Despois do éxito da saída da semana pasada á praia da Etea, decidimos repetir...
Aínda que o día amenceu con moita néboa, o ceo despexou xusto para  a nosa chegada á praia, cunha temperatura bastante agradable...
Aquí tedes as fotos da xornada, para que vexades o ben que o pasamos:


18 jul 2012

“Laxeiro, unha viaxe pola pintura do século XX”


A fundación Laxeiro achega ós maiores do Centro de Día Atalaia en Vigo a actividade didáctica “Laxeiro, unha viaxe pola pintura do século XX”
Hoxe, Javier Pérez Buján, director artísitico da Fundación Laxeiro, impartiu ós usuarios do centro de Día Atalaia de Vigo unha charla sobre a vida e obra do famoso pintor  José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908-Vigo, 1996).
Durante os 45 minutos que durou a charla coñecimos  que este pintor galego forma parte do grupo de "Os renovadores" dentro da vangarda artística galega. A súa obra manifesta un distanciamento do naturalismo rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición, xunto con Luis Seoane, Manuel Colmeiro, Carlos Maside e outros. 
Entre os seus galardóns cabe destacar a Medalla da Bienal de Pontevedra, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e a Medalla de Ouro do Concello de Vigo.

16 jul 2012

Desfrutando do verán paseando pola praia da Etea

Por fin chegou o verán...
 E hoxe, un pequeno grupo de usuarios do centro decidimos aproveitar para saír a pasear e recoller cunchas e area de praia para facer algunhas manualidades que nos axuden a darlle ese toque de verán que o noso precioso centro necesita...

 O día estaba espléndido e a auga do mar nada fría para o que nos ten acostumados o Atlántico... Así que tiñamos as condicións perfectas... non se podía pedir máis.

Aquí deixamos as fotos para que todos os que estades lonxe da nosa ría sintades un pouco de envexa...

10 jul 2012

O 89 cumpreanos da nosa Pilar...

O pasado venres 6 de xullo Pilar cumpriu 89 estupendos anos, e como sempre facemos, o celebramos todos xuntos, con tarta, baile e agasallo.

¡¡¡¡Moitas felicidades!!!!!