19 dic 2014

O CEP Santa Tegra recolle panxoliñas tradicionais galegas

Xa estamos en decembro, e aínda que ultimamente contamosvos pouco do que facemos, nós non deixamos de facer cousas.

O pasado 3 de decembro recibimos a visita do alumnado de 5º curso de CEP Santa Tegra de Teis, que pasaron unha xornada con nós recollendo as letras desas panxoliñas tradicionais galegas que cantan os nosos maiores.

Coma sempre que compartimos actividade con estes mozos, resultou unha experiencia moi agradable, cantamos xuntos, compartimos vivencias e pasamolo requete-ben.

Aquí deixamos a proba:


Foron uns alumnos moi aplicados, e pasadas un par de semanas voltaron ó noso centro coa intención de felicitarnos as festas, e brindarnos un breve concerto coas, entre outras, panxoliñas que aprenderon con nós.
Rapaces, o fixestedes de sobresainte!!!!!!

Aquí tedes as fotos:

28 nov 2014

CONMEMORANDO O DIA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes 25 de novembro foi o Día Internacional en contra da Violencia de Xénero e desde o CAPM Atalaia tamén quixemos participar nos actos destinados a dar visibilidade a esta problemática.

Organizamos unha actividade simbólica que nos propuxeron desde o CEMVI, na que recollimos cousas que favorecen o mantemento da violencia sobre as mulleres, plasmandoas en globos de cor vermello, e cousas que axudan a que esta lacra desapareza da nosa sociedade, nos globos morados. Supuso unha boa oportunidade para reflexionar, que deixamos recollida nas seguintes fotos:


24 nov 2014

O día do Peón no CEP Santa Tegra de Teis

O pasado 12 de novembro o CEP Santa Tegra, centro educativo có que colaboramos en diferentes ocasións, celebrou o Día do Peón.

Para conmemorar ese día, no que o peón foi o protagonista, convidáronnos a compartir con eles unha sesión formativa de cómo se xogaba ó peón cando nosos usuarios/as eran nenos/as e ensinar a técnica de lanzamento do peón.

Nesta ocasión, dous dos nosos usuarios, Jose e Bene, achegáronse encantados ó centro para compartir cós nenos/as os seus coñecemento.

Nas fotos que sacamos da xornada podedes ver o ben que o pasamos, tanto nenos/as como maiores, amosando a arte que teñen tanto Jose como Bene cun peón nas mans.:

21 nov 2014

En novembro felicitamos a Fino e Pilar

Como xa é costume en nós, este mes tocou rendirlle homenaxe os usuarios/as que engadiron un ano máis a súa vida.
Nesta ocasión, celebraron o seu cumpreanos Fino e Pilar:










Para celebralo, un grupo de usuarias, axudadas por Yoli, elaboraron unha deliciosa tarta:



E como nos gusta moito a festa, tamén fixemos baile:

A árbore das virtudes

Esta semana rematamos unha actividade que chamamos "a árbore das virtudes", que nos propuso Rosana, unha alumna en prácticas que leva formándose con nós desde o verán.
Debuxamos unha árbore, e recortamos follas de diferentes cores. Cada folla representa a un de nós (usuarios/as e traballadores/as), e nela escribimos o rasgo da personalidade de cada un que nos parece máis sobresainte.
O resultado, que podedes ver nas fotos, foi moi agradable e moi vistoso:



 ¡¡¡Gracias Rosana por esta bonita actividade!!!



18 nov 2014

Tempo de comer castañas

Despois de esperar e esperar a que o tempo nos dese unha tregua, a pasada semana a adicamos a preparar o noso magosto. O mércores, entre todos, picamos e pelamos unha morea de castañas para poder preparalas e dar boa conta delas o xoves.

O tempo acompañounos, e puidemos sair á nosa preciosa terraza para degustalas. Estivemos tan atarefados que desta vez esquecemos a cámara de fotos, e por iso só temos estas poucas fotos, pero pensamos que serven para dar boa conta do ben que o pasamos.

Aquí as tedes:

6 nov 2014

Aprendendo sobre os nosos dereitos como consumidores

O pasado martes 4 de novembro, persoal da asociación ADICAE achegouse ó noso centro a impartir unha interesantísima charla na que aprendimos aspectos básicos acerca de como previr posibles abusos por parte dos bancos á hora de contratar diferentes productos, e tamén aspectos básicos na defensa dos nosos dereitos no que se refire os servizos básicos de luz, gas, telefonía, etc.

Aquí tedes algunha das fotos: