Esta xa é unha actividade que levamos repetindo varios anos, e que ano tras ano desfrutamos máis.
Coa chegada do mes de marzo comeza a época de ir poñendo as hortas ó día, plantar os semilleiros, etc.
Nós aproveitamos para compartir co alumnado de 5º curso do CEIP Santa Tegra de Teis un obradoiro no que un grupo dos nosos expertos maiores achegouse ás aulas para explicar como se fan os semilleiros, como debemos coidalos, etc.
Os alumnos/as da clase de 5º escoitaron moi atentos as nosas explicacións, aprenderon a diferenciar varios tipos de sementes e plantaron leitugas e outras verduras coa idea de que a partir de agora as coiden con esmero para poder transplantar na nosa horta alá polo mes de maio.
Aquí tedes algunha das fotos desta estupenda xornada:
8 mar 2016
Parabens compañeiros/as
En febreiro celebramos os aniversarios de nosas compañeiras Carmiña e Secun, e poucos días despois, nada máis comezar o mes de marzo celebramos o de noso compañeiro Carlos.
Parabens ós tres
Parabens ós tres
12 feb 2016
En Atalaia celebramos o Entroido
Estes días de Entroido estivemos atarefados, como ven sendo costume en nós.
Recibimos a visita dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal que se achegaron ó noso centro para amosarnos os preciosos disfraces que elaboraron na escola coa axuda das súas profes. Trouxeron unha estupenda coreografía que bailaron para nós, e a verdade que resultou unha visita moi entrañable:
Tamén tivemos tempo de meternos na cociña e preparar unhas tradicionais e deliciosas orellas de entroido, das que demos moi boa conta, non quedaron nin as migas...
E o martes de Entroido foi o momento do noso baile de disfraces, que este ano, por ser ano olímpico, centramos na temática dos deportes, e como podedes ver nas fotos somos uns olímpicos de primeira:
Agora toca recuperarse de tanta troula, e prepararse para a seguinte. ata a próxima

1 feb 2016
Participamos nun concurso de máscaras e entroido
Estas semanas pasadas estivemos moi atarefados preparando unhas preciosas máscaras para presentar ó concurso que CARLIN, a empresa de papelería coa que traballamos, organiza este entroido.
Aquí deixamos as fotos do que deu de si este traballo e agora tócanos esperar a ver se temos sorte e levamos algún premio:
Aquí deixamos as fotos do que deu de si este traballo e agora tócanos esperar a ver se temos sorte e levamos algún premio:
5 ene 2016
Brindamos coas familias polo 2.016
Aquí deixamos as preciosas fotos que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo durante o encontro que tivemos o pasado 29 de decembro coas familias dos usuarios/as:
31 dic 2015
A nosa tradicional visita ós Belens de Afundación
O pasado 22 de decembro, voltamos repetir unha desas actividades que tanto nos gusta, a visita á exposición de Beléns de Afundación. Fomos, como outras veces, acompañados polos nosos amigos e amigas da Asociación Alborada.
Despois da visita cumprimos todos xuntos con outra tradición que nos encanta, ir a tomar un chocolate con churros nunha famosa cafetería da cidade.
As fotos falan por si soas do ben que o pasamos, así que aquí volas deixamos:

29 dic 2015
Feliz 2.016
O 2.015 está a piques de rematar, e queremos desexarvos en feliz ano novo a todos os que seguides as nosas andanzas.
Estes días estamos a facer repaso de todo o que deu de si este 2.015, e queremos compartilo con todos vós. Por iso preparamos este vídeo onde podedes ver algúns dos mellores momentos.
Esperamos que vos guste!!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)