10 may 2017

Santa Tegra e Atalaia... de sementeira

O pasado venres 20 de abril compartimos co alumnado de 4º curso de primaria unha desas actividades que nos gustan tanto: a horticultura.

Nesta ocasión, este grupo de nenos e nenas achegáronse ó noso centro e xuntos estudiamos como son as diferentes sementes das plantas e fixemos pequenas sementeiras para que os nenos e nenas puidesen observar o crecemento das diferentes plantas (tomates, pementos, cebolas, chícharos, xudías...)


Agora teñen o encargo de coidalas na aula, para traelas dentro dunhas semanas xa crecidas para poder plantalas na nosa horta.

Moitas gracias rapaces/as por ser tan aplicados e traballar tan ben!!!!

Aquí tedes o enlace ás fotos que fixemos:

SEMENTANDO CÓ CEP SANTA TEGRA

25 abr 2017

Coñecendo máis da historia da batalla de Rande... Visitamos o museo Meirande

O pasado xoves día 20 aproveitamos o bo tempo para achegarnos ata o museo Meirande, en Rande, acompañados polos nosos amigos/as da Asociación Alboradae visitar as súas instalacións e coñecer máis polo miúdo moitos detalles interesantes da batalla de Rande e do entorno no que este museo está ubicado.

Telmo foi o guía encargado de acompañarnos durante a visita e dar resposta a tódalas nosas dúbidas.

Podedes ver as fotos que Manuel G. Vicente  fixo da xornada aquí:

VISITA Ó MUSEO MEIRANDE

20 abr 2017

Luns de Pascua... na capela da Guía

O pasado luns 17 de abril achegámonos á capela da Guía para asistir a misa, e aproveitamos o precioso día para pasear polo entorno e sacar estas preciosas fotos que podedes ver premendo no seguinte enlace:

FOTOS NA CAPELA DE A GUÍA

7 abr 2017

Paseamos pola cidade a bordo do bus turísico

Onte pasamos unha xornada fantástica. Aproveitando estes maravillosos días de sol e calor co que o mes de abril estanos a agasallar, achegámonos ata a rúa Cánovas do Castillo para subirnos a bordo do bus turístico e percorrer os lugares máis emblemáticos da nosa preciosa cidade.

Así tivemos a ocasión de ver do mesmo xeito que o fan os turistas que nos visitan as principais rúas da cidade, o Castro, o parque de Castrelos, Samil, Bouzas, etc.

No enlace seguinte podedes ver as fotos que fixemos da xornada:

FOTOS DO PASEO NO BUS TURÍSTICO

Moitas gracias á oficina de turismo municipal por esta oportunidade!!!

5 abr 2017

No mes de marzo celebramos...

Cumprir anos é sempre motivo de celebración. En marzo foi o mes de dous dos nosos usuarios/as, Dolores o día 16 e Enrique o 31.




Parabens os dous!!!!!!

15 mar 2017

Gran baile de Entroido en Atalaia

Como xa é tradición polo noso centro, o martes de Entroido é martes de festa, baile e disfraces.

Este ano a temática elexida para a mesma foi "os diferentes estilos musicais" e "os artistas".

A primeira parte da mañá a adicamos as transformacións, vestido, maquillaxe, caracterización:
Aquí tedes as fotos deste proceso de transformación:

FOTOS PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO


E despois dos preparativos correspondentes, chegou o momento do baile e a festa, chea de grandes actuacións: Georgie Dann e o seu grupo de bailarinas, Sara Montiel, Lina Morgan, María Jimenez, Isabel Pantoja,...


E como unha imaxe vale máis que mil palabras, premendo no seguinte enlace podedes ver as fotos que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo da festa:

FOTOS DO BAILE DE ENTROIDO

E ata aquí o que deu de si o Entroido por Atalaia... pasámolo tan ben que xa estamos agardando polo seguinte....

14 mar 2017

Mes de Febreiro... Mes do Entroido. Así o pasamos en Atalaia...

Despois dun tempo co noso blogue "descuidado", voltamos de novo con moitas ganas de contarvos que é o que andamos facendo polo noso centro.

Comezamos co Entroido, que deu moito de si e tívonos moi atarefados durante todo o mes de febreiro.


Participamos nun concurso de máscaras de entroido, e este ano o fixemos coas mans na masa, entre ovos e fariña, e salironnos unhas máscaras "para chuparse os dedos".

Foron días de intenso traballo compartido, que podedes ver nas fotos:

FOTOS CONCURSO DE MASCARAS


O pasado xoves 23 de febreiro, aproveitamos a estupenda programación do Museo Etnográfico Liste de Vigo, para organizar unha saída fóra do centro e coñecer da man de Sonia e Erika as diferentes maneiras de celebrar o Entroido que temos en Galicia.


Comezamos a sesión cunha exposición onde aprendimos como é o Entroido segundo a zona na que nos atopemos, para despois poñernos man á obra para facer o noso propio "Pucho de Chantada".
Estivemos moi aterefados elaborando flores de cores coas que confeccionamos un precioso "Pucho" que probamos todos e despois levamos para o centro.

Máis detalles nas seguintes fotos:

FOTOS DA VISITA O MUSEO LISTE


Pero o noso entroido ainda deu moito máis de si. O día seguinte da saída ó museo Liste, recibimos no centro a visita dos nenos e nenas da aula de 2-3 da Escola Infantil Municipal Atalaia, que se achegaron ó noso centro para desfilar e amosarnos os seus fermosos disfraces.


Podedes ver máis fotos desta visita aquí:

VISITA DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ATALAIA


E como ben sabedes, a cociña é unha das nosas paixóns, así que non dubidamos en organizarnos e preparar entre todos/as unha riquísimas orellas de Entroido.


Máis fotos no seguinte enlace:

FOTOS DO OBRADOIRO DE ORELLAS DE ENTROIDO