5 jul 2017

Repasamos as tradicións para celebrar ben o San Xoán

Estes días, dado que a noite máxica de San Xoán achegábase, recibimos no centro a visita de dúas meigas, desas que din que habelas hailas... e nos estiveron dando unha clase acelerada dos rituais do San Xoán...

Foi unha clase un tanto especial, porque menudas meigas... fixéronnos rir moito cos seus saberes (querían facer o "cacho" con grelos... en fin...)
Podedes ver as fotos desta actividade aquí:

OBRADOIRO DE SAN XOÁN

14 jun 2017

O alumnado de 4º do CEP Santa Tegra e os maiores de Atalaia xuntos na horta

O pasado 1 de xuño convidamos o alumnado de 4º curso do CEP Santa Tegra a que se achegaran ó noso centro coas súas plantas xa medradas no tamaño xusto para transplantar para compartir unha xornada de horticultura, nunha nova edición do noso proxecto "Imos sementar"

Durante toda a mañá estivemos limpando as malas herbas, removendo a terra, abonando, palntando, regando e compartindo saberes.

Aquí tedes a mostra do que deu de si a xornada:


FOTOS DA XORNADA DE HORTA

13 jun 2017

Atalaia celebra os Maios con Alborada

Estamos no mes de maio, o mes das flores. Como cada ano por estas datas, celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de cantigas e danzas tradicionais.

Este ano celebramos a festa colaborando coa Asociación de Comerciantes de Teis, coa construcción dun maio que está exposto na rúa San Xurxo Badía durante toda a semana e a participación no acto de inauguración o pasado luns 15 de maio cunha cantiga e unha danza tradicional que compartimos coa veciñanza que se achegou ata o mercado.

Pero para poder facelo, desta vez contamos coa inestimable axuda dun grupo de voluntarios/as da Asociación Alborada, que se implicou moitísmo con nós, polo que non podemos estar máis agradecidos.

Aquí podedes ver as  fotos da estupenda xornada que pasamos no mercado de Teis:


CELEBRAMOS OS MAIOS NO MERCADO



E aquí tedes o proceso de elaboración do noso maio:




MONTAXE DO NOSO MAIO



E por suposto, as fotos dos diferentes ensaios:


ENSAIOS PARA OS MAIOS CON ALBORADA

30 may 2017

Este mes felicitamos a nosa compañeira Merecedes no seu 82 cumpreanos

O pasado 10 de maio Mercedes cumpriu 82 anos, e como sempre, o celebramos por todo o alto.

Aquí tedes á nosa compañeira no seu día:





Moitísimas felicidades!!!!!

29 may 2017

Atalaia e Monte da Guía compartimos un conto

O pasado 28 de abril a alumnado da aula de infantil de 3 anos da Escola de Educación Infantil "Monte da Guía" achegouse ata o noso centro para compartir con nós un fermosísimo conto e construir xuntos un alegre mural de primavera que deixou o centro moi colorido.

Gracias profes e gracias nenos e nenas por esta mañá tan estupenda que pasamos xuntos.

Aquí podedes ver todas as fotos:
CONTACONTOS CON EI MONTE DA GUÍA

10 may 2017

Santa Tegra e Atalaia... de sementeira

O pasado venres 20 de abril compartimos co alumnado de 4º curso de primaria unha desas actividades que nos gustan tanto: a horticultura.

Nesta ocasión, este grupo de nenos e nenas achegáronse ó noso centro e xuntos estudiamos como son as diferentes sementes das plantas e fixemos pequenas sementeiras para que os nenos e nenas puidesen observar o crecemento das diferentes plantas (tomates, pementos, cebolas, chícharos, xudías...)


Agora teñen o encargo de coidalas na aula, para traelas dentro dunhas semanas xa crecidas para poder plantalas na nosa horta.

Moitas gracias rapaces/as por ser tan aplicados e traballar tan ben!!!!

Aquí tedes o enlace ás fotos que fixemos:

SEMENTANDO CÓ CEP SANTA TEGRA

25 abr 2017

Coñecendo máis da historia da batalla de Rande... Visitamos o museo Meirande

O pasado xoves día 20 aproveitamos o bo tempo para achegarnos ata o museo Meirande, en Rande, acompañados polos nosos amigos/as da Asociación Alboradae visitar as súas instalacións e coñecer máis polo miúdo moitos detalles interesantes da batalla de Rande e do entorno no que este museo está ubicado.

Telmo foi o guía encargado de acompañarnos durante a visita e dar resposta a tódalas nosas dúbidas.

Podedes ver as fotos que Manuel G. Vicente  fixo da xornada aquí:

VISITA Ó MUSEO MEIRANDE