8 ene 2018

A celebración do Nadal en Atalaia

Recén rematadas as festas, recollemos aquí as imaxes do que deu de si a celebración do Nadal deste ano.
  
Segunda quincena de novembro:
  • Participación na decoración navideña do barrio de Teis,organizada pola asociación de comerciantes de Teis e o Concello de Vigo (elaboramos adornos de nadal que están decorando as árbores da rúa Enrique Lorenzo)
Durante todo o Mes de decembro
  • Obradoiros varios: elaboración de adornos para a árbore, decoración navideña, centros de mesa, agasallos, ensaio de panxoliñas,…
Mércores 13 de decembro
  • 11:00. Visita do Carteiro Real para recoller as nosas peticións para as SS.MM. Os Reis Magos de Oriente.
Venres 15 de decembro
  • 11:30. Visita do alumnado do CEP Santa Tegra: Concerto de panxoliñas
  • 15:30. Actuación do grupo de música “O Son da Troula”. Animación de nadal
Martes 19 de decembro
  • 11:15 Visita dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal “Atalaia “ de Teis. Panxoliñas e intercambio de agasallos



Mércores 20 de decembro
  • 11.15 Actividade conxunta co EEI Monte da Guía: Sesión de intercambio de agasallos.
Venres 22 de decembro
  • 11:00 Bingo especial de Nadal con cestas especiais com productos típicos de nadal de premio.
Martes 26 de decembro
  • 15:30 Actuación dunha coral
Xoves 28 de decembro
  • 11:30 Celebración dunha misa especial de Nadal no Centro de Día
Venres 5 de xaneiro:
  •   Comida especial e Roscón de Reis



Foron días de moito traballo pero tamén de moitos momentos de festa e de compartir os nosos mellores desexos.

Moitas grazas a todos aqueles que coa vosa valiosísima colaboración fixésteslo posible.

22 ago 2017

Pasamos unha xornada en Samil



O pasado xoves día 20 organizamos unha xornada familiar na praia de Samil, á que asistimos un grupo de usuarios/as do centro acompañados polas familias, traballadores/as e un grupo de voluntarios/as da Asociación Alborada.



Foi unha xornada fantástica que só se viu deslucida polo tempo, xa que o vento empeñouse en acompañarnos, especialmente a partir do medio día, polo que houbo momentos nos que tocou pasar algo de frío. Foi unha lástima, pero...

Aproveitamos a mañá para dar un agradable paseo, achegarnos ó mecadillo e camiñar polo precioso paseo, xa que o tempo non acompañou para achegarnos á orilla a mollar os pés.

Despois compartimos unha comida campestre que pechamos cuns postres moi especiais, elaborados polas familias, ás que retamos a participar nun concurso de repostería.

A participación foi estupenda e os resultados riquísimos. As votacións estiveron moi reñidas, pero ó final, tivemos un gañador:



Aquí tedes as fotos da xornada:

ACCESO ÁS FOTOS

Esperamos que pronto poidamos repetir!!!!

14 jul 2017

Desfrutamos dos productos da nosa horta

O martes tocounos cociñar...

Aproveitando que a nosa horta xa está en plena producción, recolleitamos unas tomates e leitugas coas que facer unha deliciosa ensalada da que demos conta durante a comida.

Ademais, fixemos unha deliciosa crema de cabaza aproveitando a última que tiñamos gardada da colleita anterior.

E como bos cociñeiros e cociñeiras, ó rematar recollemos todo e o deixamos todo ben limpiño, que traballadores somos un rato...

Aquí tedes unha mostra do noso traballo:
FOTOS DA ACTIVIDADE

Celebramos os 88 anos de Amelia

O pasado día 11, san Benito, estivemos de celebración. A nosa compañeira Amelia cumpliu 88 estupendos anos, e nós, non perdimos a ocasión de celebralo con ela:



Moitas felicidades!!!!

MAIS FOTOS

5 jul 2017

Facendo compota

Estes días aproveitamos para facer unha desas actividades que tanto nos gustan: cociñar...

Entre todos adicamos a mañá a pelar e trocear mazás coas que preparamos unha estupenda compota que compartimos na merenda:


Aquí podedes ver o moito que traballamos:
FOTOS DO OBRADOIRO DE COCIÑA

Repasamos as tradicións para celebrar ben o San Xoán

Estes días, dado que a noite máxica de San Xoán achegábase, recibimos no centro a visita de dúas meigas, desas que din que habelas hailas... e nos estiveron dando unha clase acelerada dos rituais do San Xoán...

Foi unha clase un tanto especial, porque menudas meigas... fixéronnos rir moito cos seus saberes (querían facer o "cacho" con grelos... en fin...)
Podedes ver as fotos desta actividade aquí:

OBRADOIRO DE SAN XOÁN

14 jun 2017

O alumnado de 4º do CEP Santa Tegra e os maiores de Atalaia xuntos na horta

O pasado 1 de xuño convidamos o alumnado de 4º curso do CEP Santa Tegra a que se achegaran ó noso centro coas súas plantas xa medradas no tamaño xusto para transplantar para compartir unha xornada de horticultura, nunha nova edición do noso proxecto "Imos sementar"

Durante toda a mañá estivemos limpando as malas herbas, removendo a terra, abonando, palntando, regando e compartindo saberes.

Aquí tedes a mostra do que deu de si a xornada:


FOTOS DA XORNADA DE HORTA