13 dic 2018

Recibimos a visita do Carteiro Real e a súa axudanta

Onte tivemos unha visita sorpresa no centro...
O Carteiro Real achegouse as centro a recoller as peticións dos maiores e trasladarllas ás súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente.

Non pedimos moito, saúde para todos, e que na noite de Reis trouxeran algunha sorpresa en cada unha das nosas casas.

Aproveitamos para cantar xuntos algunha panxoliña e pasar un rato do máis divertido.

Moitas grazas Rony e compañía pola visita...

30 nov 2018

Facemos compota para merendar

Hoxe traemos as fotos dun obradoiro de cociña que fixemos a semana pasada no centro.

Como vedes, estivemos moi atarefadas pelando e cortando mazás para facer unha deliciosa compota que desgustamos todos xuntos á hora da merenda e da que non quedou nin a proba...


Quedamos con ganas de repetir pronto.


Neste enlace podedes ver todas as fotos que sacamos:

OBRADOIRO DE COMPOTA DE MAZÁ

23 nov 2018

Celebramos o Magosto

O pasado 15 de novembro celebramos a festa do magosto no centro.E como en todo magosto non faltaron as castañas, a música, o baile e as ganas de pasalo ben.
Comezamos o día anterior cós preparativos, pelando as castañas, como podedes ver nestas fotos.

O xoves viñeron dúas castañeiras un pouco "particulares" a asar as castañas, que trouxeron xogos e tamén uns chourizos para acompañar ás castañas.


Antes de poder degustar as castañas, amosamos as nosas cualidades:


E tamén bailamos a reo:



Sen olvidarnos das castañas e os chourizos



Podedes ver todas as fotos da xornada premendo neste enlace:

VER FOTOS DO MAGOSTO 2018

17 oct 2018

De excursión por Bouzas


O pasado 27 de setembro, un grupo de usuarios/as do Centro de día de Vigo-Teis acudimos acompañados por voluntarios/as da Asociación Alborada, familiares dos maiores e traballadoras do centro a pasar unha xornada na vila de Bouzas.

Aproveitamos o fermoso día para pasear ao carón do mar polo precioso paseo que ten Bouzas, ademais participamos nunha interesante actividade organizada pola asociación de mariñeiros de Bouzas, onde aprendimos cousas moi interesantes acerca das embarcacións tradicionais.

Despois dunha intensa mañá, compartimos o xantar todos xuntos no local do centro sociocomunitario, que nos cedeu as súas instalacións desinteresadamente.

Aproveitamos a ocasión para convocar un concurso de repostería entre familias e voluntarios, que como pode verse nas fotos, tivo moi boa acollida, e o resultado foi espectacular.




 Rematamos a xornada cunha sesión de música e baile.

En resumo, foi unha xornada fantástica na que tivemos a oportunidade de romper coa rutina diaria e desfrutar xuntos dun día diferente.

ENLACE ÁS FOTOS DA XORNADA

16 feb 2018

A celebración do Entroido do 2018

O pasado martes estivemos de festa no centro, celebramos o martes de Entroido cun gran Baile de disfraces.

Comezamos a mañá con todos os preparativos, pouco a pouco, a medida que íamos chegando ao centro vestiámonos e maquillábamos. Houbo algunha que xa viu disfrazada da súa casa e fixo unha entrada "triunfal" no centro... desde logo o sentido do humor nunca falta nesta casa...



Máis fotos pinchando AQUI

Despois deste tempo de preparativos, quedamos así de requeteguapos:




E unha vez preparados, chegou o momento do baile e do karaoke, pasámolo estupendamente, como podedes apreciar nestas maravillosas fotos de Manuel G. Vicente:
FOTOS DO BAILE PINCHANDO AQUÍ

12 feb 2018

AVISO IMPORTANTE: Cambiamos o noso número de teléfono


 
Debido a cuestións técnicas, cambiamos o noso número de teléfono.

O novo número de teléfono do centro é o seguinte:

886 907 004

 
A día de hoxe este número xa está operativo, polo que vos agradecemos que utilicedes a partir de agora este novo número para poñervos en contacto có centro.

Os anteriores números de teléfono deixarán de estar operativos en breve.

Moitas grazas pola vosa colaboración e desculpade as molestias que este cambio vos poida ocasionar.

8 ene 2018

A celebración do Nadal en Atalaia

Recén rematadas as festas, recollemos aquí as imaxes do que deu de si a celebración do Nadal deste ano.
  
Segunda quincena de novembro:
  • Participación na decoración navideña do barrio de Teis,organizada pola asociación de comerciantes de Teis e o Concello de Vigo (elaboramos adornos de nadal que están decorando as árbores da rúa Enrique Lorenzo)
Durante todo o Mes de decembro
  • Obradoiros varios: elaboración de adornos para a árbore, decoración navideña, centros de mesa, agasallos, ensaio de panxoliñas,…
Mércores 13 de decembro
  • 11:00. Visita do Carteiro Real para recoller as nosas peticións para as SS.MM. Os Reis Magos de Oriente.
Venres 15 de decembro
  • 11:30. Visita do alumnado do CEP Santa Tegra: Concerto de panxoliñas
  • 15:30. Actuación do grupo de música “O Son da Troula”. Animación de nadal
Martes 19 de decembro
  • 11:15 Visita dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal “Atalaia “ de Teis. Panxoliñas e intercambio de agasallos



Mércores 20 de decembro
  • 11.15 Actividade conxunta co EEI Monte da Guía: Sesión de intercambio de agasallos.
Venres 22 de decembro
  • 11:00 Bingo especial de Nadal con cestas especiais com productos típicos de nadal de premio.
Martes 26 de decembro
  • 15:30 Actuación dunha coral
Xoves 28 de decembro
  • 11:30 Celebración dunha misa especial de Nadal no Centro de Día
Venres 5 de xaneiro:
  •   Comida especial e Roscón de Reis



Foron días de moito traballo pero tamén de moitos momentos de festa e de compartir os nosos mellores desexos.

Moitas grazas a todos aqueles que coa vosa valiosísima colaboración fixésteslo posible.