24 dic 2018

E así decoramos a nosa árbore de Nadal

Levamos unhas semanas de moito traballo preparando todo para a celebración destas festas.
Unha das cousas que máis nos gusta é deixar o centro ben fermoso, e para iso preparamos unha árbore moi especial, miradE que fermosa quedou:



Vedes que ao pé da nosa árbore hai unhas fermosas cestas cheas de productos navideños, que son os premios especiais que poñeremos en xogo durante o bingo especial de Nadal que celebraremos a última semana do ano.
Quenes serán os afortunados que levarán este delicioso premio para a súa casa????


FOTOS DO PROCESO DE DECORACIÓN DA NOSA ÁRBORE

18 dic 2018

Cantamos panxoliñas co alumnado de 1º e 2º do CEP Santa Tegra de Teis

Seguimos metidos de cheo coas celebracións de Nadal.
O pasado venres 14 de decembro abrimos as portas do centro para recibir ao alumnado de 1º e 2º de primaria do CEP Santa Tegra.

Estes rapaces e rapazas cantaron unhas preciosas panxoliñas que ensaiaron na clase para compartir con nós. Tamén nos amosaron o baile que tiñan preparado para o seu festival de Nadal no cole.

E nós que a troula gustános un rato longo, pois tamén cantamos con eles unhas panxoliñas. Aproveitamos tamén para contarlles a estes nenos e nenas tan simpáticos algunha das tradicións de cando éramos nenos e nenas, a de ir a pedir os reis...

Como sempre que nos visitan, foi unha mañá fantástica. Moitas grazas a estes nenos e nenas e as súas profes por achegarse a visitarnos!!!!!

Esperamos vervos moi pronto

Se queredes ver máis do que deu de si a xornada premede neste enlace:
FOTOS DA ACTIVIDADE CO CEP SANTA TEGRA

13 dic 2018

Visitamos a Escola Infantil Municipal "Atalaia"

Xa estamos metidos de cheo nas celebracións de Nadal, de feito estes días andamos coa axenda apretada facendo moitas actividades especiais que vos iremos contando.

Hoxe saímos nós do centro a pesares da chuvia que se empeñou en acompañarnos, e fumos ata a escola infantil municipal "Atalaia" a facerlles unha visita aos nenos e nenas e as súas profes.

Durante os días previos o noso coro estivo ensaiando duramente un repertorio de panxoliñas có obxectivo de dar uns cantos "concertos" durante estes días.

Así que para alá fumos e con moito arte e salero cantamos, tocamos e bailamos xunto cós nenos e nenas máis pequenos.

O pasamos bomba, e como proba aquí podedes ver algunha fotiña:

CONCERTO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL


Recibimos a visita do Carteiro Real e a súa axudanta

Onte tivemos unha visita sorpresa no centro...
O Carteiro Real achegouse as centro a recoller as peticións dos maiores e trasladarllas ás súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente.

Non pedimos moito, saúde para todos, e que na noite de Reis trouxeran algunha sorpresa en cada unha das nosas casas.

Aproveitamos para cantar xuntos algunha panxoliña e pasar un rato do máis divertido.

Moitas grazas Rony e compañía pola visita...

30 nov 2018

Facemos compota para merendar

Hoxe traemos as fotos dun obradoiro de cociña que fixemos a semana pasada no centro.

Como vedes, estivemos moi atarefadas pelando e cortando mazás para facer unha deliciosa compota que desgustamos todos xuntos á hora da merenda e da que non quedou nin a proba...


Quedamos con ganas de repetir pronto.


Neste enlace podedes ver todas as fotos que sacamos:

OBRADOIRO DE COMPOTA DE MAZÁ

23 nov 2018

Celebramos o Magosto

O pasado 15 de novembro celebramos a festa do magosto no centro.E como en todo magosto non faltaron as castañas, a música, o baile e as ganas de pasalo ben.
Comezamos o día anterior cós preparativos, pelando as castañas, como podedes ver nestas fotos.

O xoves viñeron dúas castañeiras un pouco "particulares" a asar as castañas, que trouxeron xogos e tamén uns chourizos para acompañar ás castañas.


Antes de poder degustar as castañas, amosamos as nosas cualidades:


E tamén bailamos a reo:



Sen olvidarnos das castañas e os chourizos



Podedes ver todas as fotos da xornada premendo neste enlace:

VER FOTOS DO MAGOSTO 2018

17 oct 2018

De excursión por Bouzas


O pasado 27 de setembro, un grupo de usuarios/as do Centro de día de Vigo-Teis acudimos acompañados por voluntarios/as da Asociación Alborada, familiares dos maiores e traballadoras do centro a pasar unha xornada na vila de Bouzas.

Aproveitamos o fermoso día para pasear ao carón do mar polo precioso paseo que ten Bouzas, ademais participamos nunha interesante actividade organizada pola asociación de mariñeiros de Bouzas, onde aprendimos cousas moi interesantes acerca das embarcacións tradicionais.

Despois dunha intensa mañá, compartimos o xantar todos xuntos no local do centro sociocomunitario, que nos cedeu as súas instalacións desinteresadamente.

Aproveitamos a ocasión para convocar un concurso de repostería entre familias e voluntarios, que como pode verse nas fotos, tivo moi boa acollida, e o resultado foi espectacular.




 Rematamos a xornada cunha sesión de música e baile.

En resumo, foi unha xornada fantástica na que tivemos a oportunidade de romper coa rutina diaria e desfrutar xuntos dun día diferente.

ENLACE ÁS FOTOS DA XORNADA