12 mar 2019

Obradoiro de orellas de Entroido interxeracional

Estas últimas semanas andivemos moi atarefados celebrando o Entroido no centro.
Comezamos o martes 26 organizando un obradoiro de cociña, no que invitamos a usuarios/as de ACLAD Alborada para compartir cun grupo das nosas usuarias unha sesión onde puideron aprender a elaborar orellas de Entroido.

Foi unha sesión moi productiva, onde realizamos tres receitas diferentes, as tradicionais, unha versión apta para diabéticos e outra para celiacos.
E despois de tanto traballo compartido chegou o mellor momento de todos... A DEGUSTACIÓN... lamentamos dicirvos que non quedaron nin as migas

Podedes ver máis fotos deste obradoiro aquí:

ENLACE A MÁIS FOTOS

6 feb 2019

Unha tarde en Atalaia

Hoxe non vos contamos ningunha actividade especial que fixemos no centro, senón que traemos algunhas fotos que fixemos onte pola tarde, durante os obradoiros, para que vos podades coñecer un pouquiño que cousas facemos no centro.

As tardes son momentos máis relaxados, despois do traballo máis intenso das mañás, preferimos tarefas sinxelas, variadas, adaptadas as preferencias de cada quen, por iso as actividades soen ser xogos de mesa compartidos ou manualidades, labores, etc.

Todo isto nun clima de relaxación e bo humor, mentras traballamos aproveitamos para conversar entre nós, cantamos algo de cando en vez, contamos algún chiste, etc.

Aquí deixamos un exemplo do que fixemos onte:


Seguimos celebrando os nosos aniversarios

O pasado 2 de febreiro o noso compañeiro Gerardo estivo de cumpreanos, e como non podía ser de outra maneira, nós quixemos celebrar con el este día. Tivemos que facelo o luns día 4, porque o sábado non abrimos, pero non faltaou nin a tarta coas velas nin o agasallo.

Moitísimas felicidades compañeiro!!!!!!!!!

ALGUNHA FOTIÑO MÁIS

7 ene 2019

Atalaia vai de chocolatada

O pasado xoves 3 de xaneiro, para poñer o colofón a intensa axenda das celebracións de Nadal, plantámoslle cara ao frío e saímos todos xuntos, moi ben acompañados por un grupo de voluntarios/as da Asociación Alborada, a visitar a exposición de Beléns que organiza tódolos anos Afundacion, e despois paramos nunha cafetería a compartir un delicioso chocolate con churros.


Pasámolo estupendamente, e para que poidades comprobalo, deixamos aquí o enlace ás fotos que fixo desta magnífica xornada o noso fotógrafo favorito, Manuel G. Vicente.

FOTOS DA SAÍDA AS BELENS E CHOCOLATADA

24 dic 2018

E así decoramos a nosa árbore de Nadal

Levamos unhas semanas de moito traballo preparando todo para a celebración destas festas.
Unha das cousas que máis nos gusta é deixar o centro ben fermoso, e para iso preparamos unha árbore moi especial, miradE que fermosa quedou:



Vedes que ao pé da nosa árbore hai unhas fermosas cestas cheas de productos navideños, que son os premios especiais que poñeremos en xogo durante o bingo especial de Nadal que celebraremos a última semana do ano.
Quenes serán os afortunados que levarán este delicioso premio para a súa casa????


FOTOS DO PROCESO DE DECORACIÓN DA NOSA ÁRBORE

18 dic 2018

Cantamos panxoliñas co alumnado de 1º e 2º do CEP Santa Tegra de Teis

Seguimos metidos de cheo coas celebracións de Nadal.
O pasado venres 14 de decembro abrimos as portas do centro para recibir ao alumnado de 1º e 2º de primaria do CEP Santa Tegra.

Estes rapaces e rapazas cantaron unhas preciosas panxoliñas que ensaiaron na clase para compartir con nós. Tamén nos amosaron o baile que tiñan preparado para o seu festival de Nadal no cole.

E nós que a troula gustános un rato longo, pois tamén cantamos con eles unhas panxoliñas. Aproveitamos tamén para contarlles a estes nenos e nenas tan simpáticos algunha das tradicións de cando éramos nenos e nenas, a de ir a pedir os reis...

Como sempre que nos visitan, foi unha mañá fantástica. Moitas grazas a estes nenos e nenas e as súas profes por achegarse a visitarnos!!!!!

Esperamos vervos moi pronto

Se queredes ver máis do que deu de si a xornada premede neste enlace:
FOTOS DA ACTIVIDADE CO CEP SANTA TEGRA

13 dic 2018

Visitamos a Escola Infantil Municipal "Atalaia"

Xa estamos metidos de cheo nas celebracións de Nadal, de feito estes días andamos coa axenda apretada facendo moitas actividades especiais que vos iremos contando.

Hoxe saímos nós do centro a pesares da chuvia que se empeñou en acompañarnos, e fumos ata a escola infantil municipal "Atalaia" a facerlles unha visita aos nenos e nenas e as súas profes.

Durante os días previos o noso coro estivo ensaiando duramente un repertorio de panxoliñas có obxectivo de dar uns cantos "concertos" durante estes días.

Así que para alá fumos e con moito arte e salero cantamos, tocamos e bailamos xunto cós nenos e nenas máis pequenos.

O pasamos bomba, e como proba aquí podedes ver algunha fotiña:

CONCERTO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL