13 nov 2019

Atalaia participa no proxecto Amizar da Fundación de la Santa Cruz

Levamos un tempo en contacto cunha fundación, La Fundación de la Santa Cruz que nos convidou a participar no seu proxecto "AMIZAR"

AMIZAR é un proxecto onde se traballa con persoas en risco de Exclusión social, a través da realización,  creación e deseño  de bolsas de tea, alpargatas e sombreiros.

Ofrecéronnos participar con eles, e nós aceptamos encantados.

O pasado 6 de novembro achegáronse ao noso centro e xuntos pasamos unha estupenda xornada traballando a reo deixando voar a nosa creatividade e ben facer.

 Moitas grazas a todas as persoas que fixestedes isto posible!!!!

Podedes ver moitas máis fotos premendo neste enlace:
ENLACE ÁS FOTOS

2 oct 2019

Percorremos Vigo a bordo do Bus Turístico da cidade

A semana pasada, aproveitando a invitación da concellería de Turismo de Vigo, subimos ao bus turístico, onde tivemos a oportunidade de percorrer os lugares máis fermosos da nosa cidade coma se fósemos auténticos turistas.


Beiramar,  Praia de Samil, O Castro, Parque de Castrelos, Praza de España, Praza de América, Estadio de Balaidos,... fóron algúns dos lugares que percorrimos, escoitando moi atentos as explicacións da audioguía, observando o moito que cambiou a nosa cidade nestes últimos anos.

Como vos podedes imaxinar, o pasamos estupendamente, esperamos poder repetir pronto.
Neste enlace podedes ver as fantásticas fotos obra de Manuel G. Vicente:
Saída do bus turístico

17 sept 2019

Atalaia vai de excursión á praia

O pasado xoves voltamos coller os nosos bártulos e sair do centro.
Esta vez collimos rumbo a praia da Etea, que está moi próxima ao noso centro, e aproveitamos para pasear, mollar os pés e desfrutar xuntos dunha xornada fantástica de verán.

O fixemos acompañados polos nosos bós amigos da Asociación Alborada, que sempre nos acompañan nestas saídas, aportándonos moita seguridade e compañía.

Moitas grazas rapaces!!!!!!
Neste enlace podedes desfrutar das fantásticas fotos que Manuel G. Vicente fixo da xornada:
ENLACE ÁS FOTOS

6 sept 2019

Xogamos aos bolos

Hoxe, aproveitando este fantástico tempo có que nos agasalla setembro, voltamos a saír á nosa terraza.
E para seguir en movemento e poñernos en forma, decidimos xogar aos bolos.

Tivemos a oportunidade de amosar a nosa fantástica puntería,e pasámolo estupendamente. Hoxe todos gañamos:

Cociñando... esta vez compota de mazá

Cociñar é unha das nosas paixóns, sobre todo porque despois podemos comernos as deliciosas receitas que facemos.
Desta vez decidimos prepararnos a merenda de xeito moi saudable, polo que a receita elixida foi unha riquísima compota de mazá.

Pola mañá puxémonos mans á obra, e aproveitando o fresco da nosa terraza pelamos e pelamos mazás, para despois trocealas ata encher a pota. Despois cociñado a lume lento e unha vez listo... xa pola tarde demos boa conta do noso traballo, non deixamos nin a proba... estaba boísimo...

MAIS FOTOS PINCHANDO AQUÍ

3 sept 2019

Festa de verán en Atalaia

Despois dun tempo en obras, por fin remataron o tellado, polo que de novo puidemos saír a desfrutar da nosa fantástica terraza.

Para celebralo, organizamos unha gran festa de verán, con moita música, baile e ganas de pasalo ben...

Podedes ver nas fotos que foi unha celebración do máis divertida, chea de color e alegría.


Todos quedamos con ganas de repetir pronto...

Todas as fotos aquí: FESTA DE VERÁN 2019

28 ago 2019

Atalaia vai de festa

Ben sabedes que somos moi festeiros, e sempre que temos oportunidade, alá imos...

A principios de agosto celebráronse as Festas de A Guía, e o luns 5 de agosto achegámonos á Carballeira para asistir a Misa Maior, e mercar unhas rosquillas.


Supuso unha actividade estupenda para saúdar á xente do barrio e lembrar as diferentes tradicións  sobre esta festa.

Pasámolo estupendamente, tal e como podedes ver nas fotos:
FESTAS DA GUÍA