Desde a ventá de María vemos os aplausos das 8 da tarde de veciños e veciñas do barrio de Teis, do persoal do Centro de Saúde e da nosa compañeira e a súa familia
9 abr 2020
5 abr 2020
O noso blog: un lugar de encontro
Invitámosvos a facer do noso blog un lugar de encontro, a usalo para contarnos cousas do día a día. Vernos, recordar, compartir
Lito e Lola comparten un momento da súa rutina diaria
A través do teléfono de contacto co centro de día nos podedes facer chegar as vosas aportacións. Imos falando. Unha aperta forte
15 nov 2019
Celebramos o Magosto
Onte, desafiando ás inclemencias do tempo, celebramos o magosto no noso centro.
Comezamos xa o mércores cós preparativos, picamos castañas, elaboramos cucuruchos de papel de periódico, etc.
E o xoves, a pesares da chuvia e do vento, recibimos unha visita moi especial, tres irmás, Puriña, Manoliña e Carmiña, acompañadas pola galiña Turuleca, colleron o Castromil desde o pueblo do Quinto Carallo, achegáronse ao centro para compartir os seus saberes como castañeiras...
Fixeron un lume estupendo e asaron unhas castañas riquísimas, das que demos boa conta
E despois de tanto comer e beber, como non podía ser de outro xeito, tocou queimar todas esas calorías cantando e bailando coma tolos.
Pásamolo estupendamente como ben podedes apreciar nas fotos:
Podedes ver máis fotos da festa no seguinte enlace:
FOTOS DO MAGOSTO 2019

13 nov 2019
Atalaia participa no proxecto Amizar da Fundación de la Santa Cruz
Levamos un tempo en contacto
cunha fundación, La Fundación
de la Santa Cruz que nos convidou a participar no seu proxecto "AMIZAR"
AMIZAR é un proxecto onde se
traballa con persoas en risco de
Exclusión social, a través da realización, creación e deseño de bolsas de tea,
alpargatas e sombreiros.
O pasado 6 de novembro achegáronse ao noso centro e xuntos pasamos unha estupenda xornada traballando a reo deixando voar a nosa creatividade e ben facer.
Podedes ver moitas máis fotos premendo neste enlace:
ENLACE ÁS FOTOS
2 oct 2019
Percorremos Vigo a bordo do Bus Turístico da cidade
A semana pasada, aproveitando a invitación da concellería de Turismo de Vigo, subimos ao bus turístico, onde tivemos a oportunidade de percorrer os lugares máis fermosos da nosa cidade coma se fósemos auténticos turistas.
Beiramar, Praia de Samil, O Castro, Parque de Castrelos, Praza de España, Praza de América, Estadio de Balaidos,... fóron algúns dos lugares que percorrimos, escoitando moi atentos as explicacións da audioguía, observando o moito que cambiou a nosa cidade nestes últimos anos.
Como vos podedes imaxinar, o pasamos estupendamente, esperamos poder repetir pronto.
Neste enlace podedes ver as fantásticas fotos obra de Manuel G. Vicente:
Saída do bus turístico

17 sept 2019
Atalaia vai de excursión á praia
O pasado xoves voltamos coller os nosos bártulos e sair do centro.
Esta vez collimos rumbo a praia da Etea, que está moi próxima ao noso centro, e aproveitamos para pasear, mollar os pés e desfrutar xuntos dunha xornada fantástica de verán.
O fixemos acompañados polos nosos bós amigos da Asociación Alborada, que sempre nos acompañan nestas saídas, aportándonos moita seguridade e compañía.
Moitas grazas rapaces!!!!!!
Neste enlace podedes desfrutar das fantásticas fotos que Manuel G. Vicente fixo da xornada:

6 sept 2019
Xogamos aos bolos
Hoxe, aproveitando este fantástico tempo có que nos agasalla setembro, voltamos a saír á nosa terraza.
E para seguir en movemento e poñernos en forma, decidimos xogar aos bolos.
Tivemos a oportunidade de amosar a nosa fantástica puntería,e pasámolo estupendamente. Hoxe todos gañamos:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)