22 ago 2017

Pasamos unha xornada en Samil



O pasado xoves día 20 organizamos unha xornada familiar na praia de Samil, á que asistimos un grupo de usuarios/as do centro acompañados polas familias, traballadores/as e un grupo de voluntarios/as da Asociación Alborada.



Foi unha xornada fantástica que só se viu deslucida polo tempo, xa que o vento empeñouse en acompañarnos, especialmente a partir do medio día, polo que houbo momentos nos que tocou pasar algo de frío. Foi unha lástima, pero...

Aproveitamos a mañá para dar un agradable paseo, achegarnos ó mecadillo e camiñar polo precioso paseo, xa que o tempo non acompañou para achegarnos á orilla a mollar os pés.

Despois compartimos unha comida campestre que pechamos cuns postres moi especiais, elaborados polas familias, ás que retamos a participar nun concurso de repostería.

A participación foi estupenda e os resultados riquísimos. As votacións estiveron moi reñidas, pero ó final, tivemos un gañador:



Aquí tedes as fotos da xornada:

ACCESO ÁS FOTOS

Esperamos que pronto poidamos repetir!!!!

14 jul 2017

Desfrutamos dos productos da nosa horta

O martes tocounos cociñar...

Aproveitando que a nosa horta xa está en plena producción, recolleitamos unas tomates e leitugas coas que facer unha deliciosa ensalada da que demos conta durante a comida.

Ademais, fixemos unha deliciosa crema de cabaza aproveitando a última que tiñamos gardada da colleita anterior.

E como bos cociñeiros e cociñeiras, ó rematar recollemos todo e o deixamos todo ben limpiño, que traballadores somos un rato...

Aquí tedes unha mostra do noso traballo:
FOTOS DA ACTIVIDADE

Celebramos os 88 anos de Amelia

O pasado día 11, san Benito, estivemos de celebración. A nosa compañeira Amelia cumpliu 88 estupendos anos, e nós, non perdimos a ocasión de celebralo con ela:



Moitas felicidades!!!!

MAIS FOTOS

5 jul 2017

Facendo compota

Estes días aproveitamos para facer unha desas actividades que tanto nos gustan: cociñar...

Entre todos adicamos a mañá a pelar e trocear mazás coas que preparamos unha estupenda compota que compartimos na merenda:


Aquí podedes ver o moito que traballamos:
FOTOS DO OBRADOIRO DE COCIÑA

Repasamos as tradicións para celebrar ben o San Xoán

Estes días, dado que a noite máxica de San Xoán achegábase, recibimos no centro a visita de dúas meigas, desas que din que habelas hailas... e nos estiveron dando unha clase acelerada dos rituais do San Xoán...

Foi unha clase un tanto especial, porque menudas meigas... fixéronnos rir moito cos seus saberes (querían facer o "cacho" con grelos... en fin...)
Podedes ver as fotos desta actividade aquí:

OBRADOIRO DE SAN XOÁN

14 jun 2017

O alumnado de 4º do CEP Santa Tegra e os maiores de Atalaia xuntos na horta

O pasado 1 de xuño convidamos o alumnado de 4º curso do CEP Santa Tegra a que se achegaran ó noso centro coas súas plantas xa medradas no tamaño xusto para transplantar para compartir unha xornada de horticultura, nunha nova edición do noso proxecto "Imos sementar"

Durante toda a mañá estivemos limpando as malas herbas, removendo a terra, abonando, palntando, regando e compartindo saberes.

Aquí tedes a mostra do que deu de si a xornada:


FOTOS DA XORNADA DE HORTA

13 jun 2017

Atalaia celebra os Maios con Alborada

Estamos no mes de maio, o mes das flores. Como cada ano por estas datas, celebramos a Festa dos Maios coa construción dun maio e o ensaio de cantigas e danzas tradicionais.

Este ano celebramos a festa colaborando coa Asociación de Comerciantes de Teis, coa construcción dun maio que está exposto na rúa San Xurxo Badía durante toda a semana e a participación no acto de inauguración o pasado luns 15 de maio cunha cantiga e unha danza tradicional que compartimos coa veciñanza que se achegou ata o mercado.

Pero para poder facelo, desta vez contamos coa inestimable axuda dun grupo de voluntarios/as da Asociación Alborada, que se implicou moitísmo con nós, polo que non podemos estar máis agradecidos.

Aquí podedes ver as  fotos da estupenda xornada que pasamos no mercado de Teis:


CELEBRAMOS OS MAIOS NO MERCADO



E aquí tedes o proceso de elaboración do noso maio:




MONTAXE DO NOSO MAIO



E por suposto, as fotos dos diferentes ensaios:


ENSAIOS PARA OS MAIOS CON ALBORADA