31 ene 2012

Menús do mes de febreiro

Xa tedes dispoñibles no noso blog os menús correspondentes ó mes de febreiro.
Para consultalos só tedes que premer na pestaña que está na parte superior dereita que pon "Menús".
Un saúdo

20 ene 2012

O Nadal no Atalaia

Hoxe toca contarvos que andivemos facendo durante o Nadal.
Para que o vexades nada mellor que unhas fotos. Así que aquí as tedes:

Así celebramos o Nadal e o Fin de Ano, con visita do Apalpador incluida:

O día 29 compartimos un brinde coas familias. ¡¡¡¡Qué ben o pasamos!!!!
O 3 de xaneiro organizamos unha xornada de convivencia entre os nosos usuarios e os seus net@s e bisnet@s. Resultou unha xornada divertidísma, e incluso nos grabaron os da TVG (cando se emita o programa vos avisaremos).




Como xa é tradicional, o día 4 de xaneiro visitamos a exposición de Beléns de Caixanova (ou como se chame agora) e despois tomamos un chocolate con churros na cafetería Bonilla. ¡¡¡¡Pero que ben o pasamos!!!!!


E a nós tamén nos visitan os Reis Magos, este año viñan un pouco fracos e o Baltasar algo descolorido, pero algo nos trouxeron...



E por agora nada máis. Saúdos e ata a próxima.



18 ene 2012

O 2011 en imaxes

Como ben sabedes, unha imaxe vale máis que mil palabras, así que vos deixamos aquí unha pequena presentación das nosas fotos que resumen un pouco o ano de actividade que acabamos de deixar atrás.
Que o desfrutedes...

2 dic 2011

¿Por qué un blog?

Hai cousa de un par de meses, máis ou menos, iniciamos como experiencia piloto un obradoiro de novas tecnoloxías cos usuarios do Centro de Día Atalaia. En primeiro lugar experimentamos coas cámaras de fotos dixitais, o teléfono móbil, e a cámara de vídeo. Despois nos atrevimos co ordenador, primeiro experimentando con software muy sinxelo para aprender a manexar o rato e pouco a pouco nos iniciamos no manexo do teclado.

Empezamos como non quere a cousa, por probar, pero pronto nos dimos conta que a actividade gustaba moito, os maiores amosaban moita curiosidade e ganas de aprender, e así, pouco a pouco, empezamos a pensar que debíamos ir máis aló. Foi entonces cando xurdiu a idea do blog, crear un espacio na rede que fóra noso, onde poder contar o noso día a día, e achegar así a nosa actividade cotiá ás familias principalmente, e a todo aquel que esté interesado no noso día a día.


Hoxe comeza a nosa andadura pola rede, estamos entusiasmados. Esperamos cumprir as expectativas e facer deste un espacio de comunicación e de intercambio de experiencias. Queremos que nos sigades, que nos fagades moitos comentarios, ter moitos, moitos lectores e que nos fagades saber que estades ahí.

Non desesperedes se os inicios son algo lentos, debedes saber que esto é algo moi novo para nós, e imos aprendendo sobre a marcha, ademais o Nadal se achega, e son unhas datas que nos consumen moita enerxía, polo que o noso propósito para o Ano Novo é ver nacer e crecer este pequeno blog día a día...

28 oct 2011

Benvid@s á noso blog

Estamos en fase de construcción.
Moi pronto funcionaremos o 100%