10 mar 2014

Poñendo a nosa terraza a punto

Despois de tres meses de duro inverno parece que, por fin, o bo tempo decidiuse a acompañarnos, e como a temperatura é tan agradable nós aproveitamos a mañá para saír á nosa preciosa terraza e tomar un pouco o sol.

 Pero como somos moi traballadores/as, ben o sabedes, aproveitamos para ir poñendo cousiñas ó día.

Repartimos tarefas e mentras uns limpaban as malas herbas das nosas xardiñeiras, outros abonamos as nosas prantas de amorodos, limpamos e renovamos a terra.

Outro grupiño ocupouse de botar uns semilleiros de leitugas, para poder desfrutar delas nos próximos meses.

Como vedes, foi unha mañá chea de tarefa, aínda que tamén adicamos un ratiño a descansar e tomar o sol, para despois facer unha táboa de estiramentos e prepararnos para a celebración da tarde, da que vos falaremos mañá.

Polo de agora aquí tedes algunhas fotos desta fermosísima mañá:


6 mar 2014

Gran baile de disfraces en Atalaia

Xa temos as fotos da exclusiva!!!!

A gran festa de Entroido que celebramos o martes no centro...

As fotos falan por si soas, o centro encheuse de cor e alegría, e o pasamos requete ben.

Aquí podedes ver as fotos da xornada, avisamosvos que ides a rir un rato...

5 mar 2014

Preparativos de Entroido

Onte, martes de Entroido, celebramos o noso baile de disfraces.

Aínda non temos as fotos, que xa vos avisamos de que non teñen desperdicio.

Teredes que esperar uns días para poder desfrutalas. Pero mentres, deixamos un avance das distintas probas que fumos facendo estes días, para ir metendonos en ambiente e botar unhas boas risas.

Aquí as tedes:


Coas mans na masa... Orellas de Entroido

Estes días estivemos moi atarefados traballando nos preparativos de Entroido, lidiando coas gripes, catarros e enfermidades varias que este tempo tan chuvioso trouxo polo nosos centro.

Unha das actividades que máis nos fixo desfrutar foi a degustación dunhas deliciosas orellas que elaboramos no centro.

Lamentablemente, só temos as fotos da primeira parte do proceso, xa que a emoción de catar este dulce tan típico destas datas fixo que se nos olvidara por completo a cámara de fotos.

 Usade a vosa imaxinación e desfrutade destas pouquiñas fotos:


Seguimos a cumprir anos por Atalaia

Xa sabedes que para nós cumprir anos é sempre un motivo de alegría.

Desta ocasión, o pasado venres 28 de febreiro celebramos xuntos os aniversarios das nosas usuarias Secundina (que cumpriu 88 anos o 24 de febreiro) e Carmen Santos (que cumpriu os 88 o 1 de marzo).

 Non podemos esquecernos de Carmiña, que non puido celebrar con nós o seu cumpreanos por atoparse indisposta.

 
¡¡¡¡Moitas felicidades ás tres!!!!

14 feb 2014

¡¡¡¡Feliz día de San Valentín!!!!

Hoxe é o día do amor... e en Atalaia outra cousa non pero amor...

E como é un día especial nós quixemos facer algo tamén especial que chegará ás vosas casas esta tarde...

Fixemos unhas deliciosas GALLETAS DO AMOR, nas que empregamos fariña, ovos, azucre, manteiga, marmelada de fresa e toneladas e máis toneladas de amor...

Aquí tedes as fotos do noso traballo:




3 feb 2014

Celebramos o día da paz cos nosos amig@s do Plan Comunitario de Teis

O pasado xoves 30 de xaneiro celebrouse a día da paz.

Nós quixemos aproveitar esta data para compartir unha sesión cós nenos e nenas do Plan Comunitario de Teis, cos cales temos unha relación moi estreita desde hai xa varios anos.

Durante a sesión traballamos xuntos na elaboración dun mural conmemorativo para despois compartir unha deliciosa merenda.

Resultou unha xornada moi entrañable que estamos desexando poder repetir.

Aquí tedes as fotos que fixemos da xornada: