29 abr 2016

29 de abril: Dia Eurpoeo da Solidariedade Interxeracional


Hoxe, 29 de abril, celébrase o día europeo da Solidariedade entre xeracións.

Desde Atalaia experimentamos en repetidas ocasións os múltiples beneficios que teñen para tódolas persoas implicadas o desenvolver actividades compartidas con persoas de idades diferentes.





É por este motivo que aparece como unha das nosas liñas fundamentais de traballo.

De feito, esta semana tivemos unha visita do alumnado de 6º de Educación Infantil do EI Monte da Guía, co que compartimos un bingo moi especial.

As persoas maiores adoptaron o rol de "mestres" para axudar os pequenos/as a reforzar o coñecemento dos números, que con tanto esmero estiveron aprendendo nas aulas nos últimos meses.

Ademais trouxeronnos diferentes agasallos que prepararon para nós, coa idea de adornar o noso centro de flores de primavera.

E rematamos o xogo compartido degustando uns bombóns que a profe Elena trouxo para todos.

Aquí podedes ver fotos da xornada:


Aínda que si sodes seguidores do noso blogue, sabedes que esta é só unha de moitas, peo aproveitando que hoxe celébrase a solidariedade entre xeracións, queremos agradecer ó equipo docente do EI Monte da Guía ese fantástico traballo que fan, permitíndonos compartir con eles estes momentos tan especiais que sempre nos deixan tan bo sabor de boca.

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

21 abr 2016

Imos ó Museo do Mar

O pasado xoves 14 de abril aproveitamos para voltar a saír do centro e visitar o Museo do Mar.

Desta vez acompañaronnos os voluntarios/as da Asociación Alborada e xuntos compartimos un agradable paseo polas instalacións do museo, parándonos especialmente no precioso acuario, onde puidemos observar as principais especies que viven no fondo mariño da nosa ría.

Aquí deixamos as fotos desta xornada, que, unha vez máis, fixo o noso bo amigo Manuel G. Vicente:

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

13 abr 2016

Visitamos o museo etnográfico Liste

O pasado martes 5 de abril organizamos unha saída ó Museo Etnográfico Liste para participar nun fantástico obradoiro que levaba por título "Instrumentos Humildes" no que unha monitora ensinounos como se pode facer unha música estupenda de case calquera cousa.
Pásamolo estupendamente e aprendimos un montón de cousas.

Como proba aquí tedes as fotos que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo da xornada:

11 mar 2016

Emocionámonos con... "Volver"

O pasado venres 4 de marzo desfrutamos no noso centro dun fermosísismo espectáculo musical.
Este espectáculo, que leva por título "Volver", é unha recopilación de 9 temas musicais moi coñecidos entre os nosos maiores, co obxectivo de compartir un rato entrañable de música e baile todos xuntos.
Tres amigas, Regina, Ana e Pilar, xuntáronse e prepararon para nós este entrañable espectáculo que nos fixo a todos pasar unha fermosa mañá de lembranzas moi emotivas.
Gracias!!!!!

ENLACE DIRECTO ÁS FOTOS

8 mar 2016

Voltamos con Imos sementar

Esta xa é unha actividade que levamos repetindo varios anos, e que ano tras ano desfrutamos máis.
Coa chegada do mes de marzo comeza a época de ir poñendo as hortas ó día, plantar os semilleiros, etc.
Nós aproveitamos para compartir co alumnado de 5º curso do CEIP Santa Tegra de Teis un obradoiro no que un grupo dos nosos expertos maiores achegouse ás aulas para explicar como se fan os semilleiros, como debemos coidalos, etc.
Os alumnos/as da clase de 5º escoitaron moi atentos as nosas explicacións, aprenderon a diferenciar varios tipos de sementes e plantaron leitugas e outras verduras coa idea de que a partir de agora as coiden con esmero para poder transplantar na nosa horta alá polo mes de maio.
Aquí tedes algunha das fotos desta estupenda xornada:



Parabens compañeiros/as

En febreiro celebramos os aniversarios de nosas compañeiras Carmiña e Secun, e poucos días despois, nada máis comezar o mes de marzo celebramos o de noso compañeiro Carlos.

Parabens ós tres

12 feb 2016

En Atalaia celebramos o Entroido

Estes días de Entroido estivemos atarefados, como ven sendo costume en nós. Recibimos a visita dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal que se achegaron ó noso centro para amosarnos os preciosos disfraces que elaboraron na escola coa axuda das súas profes. Trouxeron unha estupenda coreografía que bailaron para nós, e a verdade que resultou unha visita moi entrañable:


Tamén tivemos tempo de meternos na cociña e preparar unhas tradicionais e deliciosas orellas de entroido, das que demos moi boa conta, non quedaron nin as migas...


E o martes de Entroido foi o momento do noso baile de disfraces, que este ano, por ser ano olímpico, centramos na temática dos deportes, e como podedes ver nas fotos somos uns olímpicos de primeira:



Agora toca recuperarse de tanta troula, e prepararse para a seguinte. ata a próxima