1 feb 2012

Preparando o Entroido

Xa queda moi pouquiño para o Entroido!!!. 

E como nós somos moi festeiros e festeiras, imos celebralo como se merece, cumprindo escrupulosamente as nosas tradicións: comeremos lacón con grelos, ourellas elaboradas entre todos e todas, prepararemos disfraces, organizaremos un gran baile, e sobre todo, pasarémolo requete ben. 

Temos por diante uns días cheos de tarefas e enredos cos preparativos do baile de Entroido, que celebraremos o martes de entroido, día 21 de febreiro pola mañá, e do que, no seu momento, os contaremos tódolos detalles.

Despois dun intenso debate e duras deliberacións, xa por fin temos escollida a temática deste ano. Como ben sabedes, neste ano 2012 se celebran as olimpiadas en Londres. Nós aproveitaremos este gran acontecemento deportivo, para celebrar as nosas propias olimpiadas, e polo tanto nos disfrazaremos de deportistas. 

Xa estamos preparando o noso disfraz, e para isto precisamos da vosa valiosísima colaboración. Achegamos un listado con posibles disfraces e os elementos que poderían compoñelo. A idea é non ter que comprar nada, senón que aproveitaríamos as roupas deportivas que seguro que todos temos por casa. 

A continuación tedes un listado de posibles disfraces, así como os elementos que poderían compoñer o mesmo. Cada usuario pode elexir aquel disfraz que máis lle apeteza e que menos dificultades vos plantexe á hora de buscar os diferentes elementos que o compoñen.


Recordade que non é preciso comprar nada, senón que a idea é aproveitar as cousas que temos por casa (os uniformes deportivos que usamos cando alguén da familia xogou ó fútbol, ó tenis, ó golf, etc.).

DISFRAZ
ELEMENTOS DO DISFRAZ
Futbolista

Pantalón corto, camiseta, medias, tenis, balón
Animadora

Mini falda, camiseta deportiva, medias, pompóns, tenis

Ximnasta
Camiseta deportiva, leggins, calentadores, tenis, aros, pelota, cinta para a cabeza

Árbitro
Pantalón corto, camiseta, medias, (todo negro), tenis, silbato

Nadador
Gorro, Albornoz, gafas, chanclas, flotador

Tenista
Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta para a cabeza ou viseira, raqueta de tenis, muñequeiras,

Boxeador

Pantalón corto, camiseta, batín, guantes de boxeo

Karateka
Kimono, cinturón,

Ciclista
Culot, camiseta, tenis, casco, gafas, guantes sen dedos, botella de auga

Atleta
Pantalón corto, leggins, camiseta de asas con número

Hockey
Como futbolista con palo de hockey
Golfista
Pantalón de cadros, polo, chaleco, palos de golf, viseira, guantes sen dedos
Halterofilia
Pantalón corto, camiseta deportiva, cinta para a cabeza, pesa de cartón
Rugby

Camiseta con hombreiras, pantalón apretado, casco,
Equitación

Pantalón de montar, botas altas, camiseta, casco

É moi importante darlle un toque divertido ó noso disfraz, pólo que os complementos teñen un papel moi relevante: necesitamos pelucas, gafas, gorros, ou calquera outro elemento que se vos ocurra e que teñades por casa. 

Para facilitar a organización dos disfraces, é moi importante que nos fagades chegar canto antes todo o que nos podades aportar, e, en todo caso, antes do venres dia 10 de febreiro. 

Se tedes calquera dúbida, podedes chamar ó centro e preguntar por Raquel (educadora social) ou deixar un comentario a esta entrada. 

Os membros do equipo de traballo do Centro de de Día Atalaia de Vigo agradecemos por adiantado a vosa colaboración e aproveitamos a ocasión para facervos chegar un cariñoso saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario