24 jul 2012

Desde Atalaia rumbo á praia...

Despois do éxito da saída da semana pasada á praia da Etea, decidimos repetir...
Aínda que o día amenceu con moita néboa, o ceo despexou xusto para  a nosa chegada á praia, cunha temperatura bastante agradable...
Aquí tedes as fotos da xornada, para que vexades o ben que o pasamos:


18 jul 2012

“Laxeiro, unha viaxe pola pintura do século XX”


A fundación Laxeiro achega ós maiores do Centro de Día Atalaia en Vigo a actividade didáctica “Laxeiro, unha viaxe pola pintura do século XX”
Hoxe, Javier Pérez Buján, director artísitico da Fundación Laxeiro, impartiu ós usuarios do centro de Día Atalaia de Vigo unha charla sobre a vida e obra do famoso pintor  José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908-Vigo, 1996).
Durante os 45 minutos que durou a charla coñecimos  que este pintor galego forma parte do grupo de "Os renovadores" dentro da vangarda artística galega. A súa obra manifesta un distanciamento do naturalismo rexionalista da época a través da fusión entre modernidade e tradición, xunto con Luis Seoane, Manuel Colmeiro, Carlos Maside e outros. 
Entre os seus galardóns cabe destacar a Medalla da Bienal de Pontevedra, a Medalla Castelao da Xunta de Galicia e a Medalla de Ouro do Concello de Vigo.

16 jul 2012

Desfrutando do verán paseando pola praia da Etea

Por fin chegou o verán...
 E hoxe, un pequeno grupo de usuarios do centro decidimos aproveitar para saír a pasear e recoller cunchas e area de praia para facer algunhas manualidades que nos axuden a darlle ese toque de verán que o noso precioso centro necesita...

 O día estaba espléndido e a auga do mar nada fría para o que nos ten acostumados o Atlántico... Así que tiñamos as condicións perfectas... non se podía pedir máis.

Aquí deixamos as fotos para que todos os que estades lonxe da nosa ría sintades un pouco de envexa...

10 jul 2012

O 89 cumpreanos da nosa Pilar...

O pasado venres 6 de xullo Pilar cumpriu 89 estupendos anos, e como sempre facemos, o celebramos todos xuntos, con tarta, baile e agasallo.

¡¡¡¡Moitas felicidades!!!!!

Consellos para o verán

Na sección "Rincón do Social" Carlos, o enfermeiro do noso centro, achéganos uns consellos para previr as deshidratacións agora que se supón chega a época de temperaturas elevadas.

Non deixedes de ler este artigo...

Saúdos desde o Atalaia

2 jul 2012

Celebramos a victoria de España na Eurocopa

A Festa de Fin de Curso do Programa Interxeracional e Intercultural

O pasado mércores voltamos ter festa por aquí no Atalaia. Nesta ocasión celebrábamos a festa de fin de curso do noso programa intercultural e interxeracional.
 Para esta ocasión tan especial na que participaron os maiores, usuarios/as do noso centro, os nenos e nenas que compartiron as actividades con nós durante todo o curso, as mulleres de orixe estranxeira asistentes o Programa de Alfabetización que desenvolve o Plan Comunitario de Teis, así como os traballadores/as e voluntarios/as que durante todo o ano colaboraron co programa, organizamos unha tarde especial chea de actividades.

Comezamos cun obradoiro para aprender a tocar o Djembé, un tambor tradicional africano. Para desenvolver esta actividade contamos coa presenza de Jorge Pérez, un prestixioso percusionista, profesor na Universidade de Vigo e no Conservatorio de Música de Pontevedra, acompañado por un grupo de alumnos da UNED.
Para iniciarnos na actividade, primeiro fixeron unha demostración e despois, repartidos en dous grupos recibimos unha pequena clase práctica.
Temos que agradecer a estes mozos e mozas que compartisen desinteresadamente esta maravillosa tarde con nós.
Tamén, entre todos elaboramos un mural conmemorativo. Despois compartimos todos xuntos unha deliciosa merenda intercultural, con receitas de diferentes paises do mundo e rematamos a tarde con música e baile.
Podedes ver as fotos da festa aquí: