O pasado mércores voltamos ter festa por aquí no Atalaia. Nesta ocasión celebrábamos a festa de fin de curso do noso programa intercultural e interxeracional.
Para esta ocasión tan especial na que participaron os maiores, usuarios/as do noso centro, os nenos e nenas que compartiron as actividades con nós durante todo o curso, as mulleres de orixe estranxeira asistentes
o Programa de Alfabetización que desenvolve o Plan Comunitario de Teis, así como os traballadores/as e voluntarios/as que durante todo o ano colaboraron co programa, organizamos unha tarde especial chea de actividades.
Comezamos cun obradoiro para aprender a tocar o Djembé, un tambor tradicional africano. Para desenvolver esta actividade contamos coa presenza de Jorge Pérez, un prestixioso percusionista, profesor na Universidade de Vigo e no Conservatorio de Música de Pontevedra, acompañado por un grupo de alumnos da UNED.
Para iniciarnos na actividade, primeiro fixeron unha demostración e despois, repartidos en dous grupos recibimos unha pequena clase práctica.
Temos que agradecer a estes mozos e mozas que compartisen desinteresadamente esta maravillosa tarde con nós.
Tamén, entre todos elaboramos un mural conmemorativo. Despois compartimos todos xuntos unha deliciosa merenda intercultural, con receitas de diferentes paises do mundo e rematamos a tarde con música e baile.
Podedes ver as fotos da festa aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario