Levamos un tempo no que non publicamos novas no noso blog.
Non pensedes que é porque non temos nada que contar, pero é que estamos tan atarefados ultimamente cós preparativos das festas de Nadal que non nos queda tempo para escribir...
Para que vos fagades unha idea, vos achegamos a programación de actividades que estamos a desenvolver.
Levamos todo o mes de decembro traballando en diferentes obradoiros:
Fixemos os adornos para a nosa a árbore, montamos o tradicional belén, colocamos decoración navideña pola casa, fixemos algún centro de mesa, elaboramos postais de nadal para felicitar ós amigos, ensaiamos panxoliñas, cociñamos galletas navideñas…, en resumo, estamos traballando a reo.
Ademais destes obradoiros, esta semana iniciamos un programa de visitas e saídas varias:
O venres 14 de decembro visitounos o Paxe Real para recoller as nosas peticións para SS.MM. Os Reis Magos de Oriente.
O Luns 17 de decembro os alumno/as de 4º, 5º e 6º do CEP Santa Tegra de Teis representaron unha obra de teatro no noso centro.
Para o xoves 20 de decembro esperamos a xa tradicional visita dos nenos e nenas da Escola Municipal Infantil "Atalaia" de Teis, cos que compartiremos panxoliñas e intercambiaremos agasallos.
Será o venres 21 de decembro cando nos visiten un grupo de alumnos do Centro de Educación Ifantil Monte da Guía para celebrar connosco o "Día da solidariedade"
O luns 24 de decembro celebraremos xuntos a Noiteboa cunha comida especial de Nadal. Recordade que ese día o centro pecha 1 hora e media antes do habitual.
O mércores 26 de decembro celebraremos xuntos unha misa especial de Nadal no Centro de Día
O xoves 27 de decembro será o momento de compartir con vós, as familias, un brinde navideño cargado de sorpresas que levamos unhas semanas preparando. Non faltedes, empezaremos a partir das 11:00 da mañá.
O Luns 31 de decembro é día de despedir o ano 2.012 e preparar a entrada do 2.013. Temos organizada unha comida especial de Fin de Ano e un ensaio das uvas da sorte
Para o xoves 3 de xaneiro organizamos unha saída para visitar a exposición de Beléns de NovaGalicia Banco
E o Venres 4 de xaneiro remataremos a celebración das festas de nadal coa visita de SS.MM. Os Reis Magos de Oriente, unha comida especial de Reis e de merenda, chocolate con Roscón de Reis.
Podedes ver que non vos enganábamos cando vos diciamos que estamos moi atarefados... pouco a pouco iremos subindo fotos das distintas actividades...
Estade atentos ó noso blog....
ola,
ResponderEliminarpois sí, con razón andábades atarefadas, vaia mes de decembro máis movido!! Desfrutade moito da festa e das visitas da mocedade. Estou desexando ver as fotos!
Bo nadal e feliz 2013!!
Apertas
Marga Recondo
OLA A TODOS/AS!!!!!
ResponderEliminarESTUVE VIENDO FOTOS QUE BUENOS RECUERDOS.....
OS DESEO UNA FELIZ NAVIDAD Y UN PROSPERO AÑO NUEVO A TODOS LOS USUARIOS Y TRABAJADORES DEL CENTRO DE DIA ATALAIA.
UNA ABRAZO FUERTE A TODOS/AS.
MARIA JOSE GUNTIN MUÑOZ