Rematadas as festas, chega o momento de recapitular o que estas deron de si, que non foi pouco...
Hoxe queremos contarvos as diferentes visitas dos nenos e nenas de centros educativos do barrio que quixeron achegarse para feliciarnos as festas e compartir con nós momentos moi entrañables.
Comezamos o luns 17 decembro coa
visita dos alumnos/as do CEP Santa Tegra de Teis, que se achegaron ó noso centro para representar unha obra de teatro que ensaiaron durante as clases de relixión, e que nos arrincou máis dun sorriso.
Con estes nenos e nenas da clase de 4º temos unha relación moi especial e regular, xa que son os nosos pupilos na arte de cultivar cebolas.
Aproveitaron a sús visita para coñecer a nosa horta, na que dentro dunhas semanas plantarán os semilleiros de cebolas que levan meses coidando de xeito exemplar.
Aquí tedes as fotos da xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario