Este obradoiro consistía en explicacións prácticas, montaxe de pratos saudables con degustación e entrega de fichas con menús.
A raíz da nosa asistencia ao Obradoiro de Cociña Saudable, nestes meses a Nutricionista de dito programa, Natalia Carrillo, nos ofreceu en varias sesións unha ampliación do obradoiro no noso centro.
Supuso unha oportunidade fantástica para reflexionar acerca dos nosos costumes alimentarios e probar ingredientes novos e receitas diferentes de pratos tan tradicionais como é o arroz con leite.
Como colofón a estas sesións, Natalia achega unha serie de consellos moi prácticos para mellorar a nosa alimentación, e , por tanto, a nosa saúde:
Vivimos nunha sociedade contraditoria: por un lado cada vez máis preocupada pola saúde,
con más e mellor coñecemento sobre como confeccionar hábitos e menús saudables; pero que
asiste atónita a un incremento preocupante de enfermidades autoinmunes, alerxias, transtornos
alimentarios....
Noutra banda , o primeiro mundo estase a morrer de "sobrealimentación" ( e
malnutrición! ).Basta con mencionar o colesterol, diabete, obesidade, arteriosclerose....por só
citar os principais factores de risco cardiovascular.
Por fortuna, a medicina estase a enfocar non só tradicional tratamento fármaco-quirúrxico
. Os últimos avances e investigacións, demostran que para a curación das enfermidades, a saúde,
dieta e estilo de vida por esta orde ) son tan ou máis importantes que a medicación.
Este novo enfoque pon de relevancia o que xa enunciara Hipócrates …. é que, a teor do exposto
anteriormente cada un de nós a chave do seu benestar: somos o que comemos .
Algúns cambios que nos axudarán a vivir mellor ( ademáis da consabida prudencia co azucre
e as graxas animáis ):
• Consumir preferentemente lácteos vexetáis e/ou fermentados desnatados
• Incluir sementes de liño , sésamo, cabaza e xirasol (variando )
• Aprender a cociñar con algas
• Adicar un pouco de tempo á cociña ( preparando biscoitos integráis , barriñas de avea,
arroz con leite integral...)
• Consumir máis legumes ( feixóns , chícharos, fabas , lentellas...) , tofu, peixe e clara de
ovo que carnes vermellas
• Descubrir o fantástico mundo dos cereais integrais : quinoa, amaranto, mijo, cebada,arroz
salvaxe.....para as nosas sopas , paellas , tortas.....
Asemade adxúntovos un cadro que agardo vos sexa de moita utilidade á hora de
controlar e reenfocar a vosa alimentación .
Recordade sempre que as necesidades individuais varían coa actividade ,sexo, idade... e que
á hora de escomenzar unha dieta debemos acudir a profesionáis cualificados .
Un saúdo moi agarimoso a tódolos usuarios , familiares e traballadores do centro
Natalia Carrillo Pousa .
No hay comentarios:
Publicar un comentario