29 abr 2013

Celebramos o día do libro cos nosos amigos do CEI Monte da Guía

O pasado venres compartimos unha fermosísima xornada no CEI Monte da Guía para celebrar o día do libro.
 Un grupo de usuarios do noso centro achegamonos ás instalacións do cole para asistir a unha sesión de contacontos, na que Ramón Trigo, escritor e ilustrador, presentounos o sue libro "As luces que se encenden e se apagan".
 Iniciamos a xornada cunha ronda de saúdos e presentacións, para despois escoitar, xuntos, a fermosa historia.
Cando Ramón rematou de contar o conto, invituonos a facer con él unha ilustración xigante.
Para elo debuxou na parede ó protagonista do conto frente a un lienzo que nós debíamos encher de cor.
E a elo nos puxemos... Podedes ver nas fotos todo o proceso:


Temos que agradecer a Manuel G. Vicente que nos acompañase e nos fixese estas fermosísimas fotos. ¡¡¡¡Gracias!!!!!

25 abr 2013

Obradoiro de cociña interxeracional

Dentro do noso programa interxeracional, polo que nenos e nenas do barrio comparten con nós dúas tardes á semana, organizamos un obradoiro de cociña para que os máis cativos tiveran a oportunidade de experimentar cós alimentos.
Os maiores foron os encargados de dirixir o obradoiro no que elaboramos xuntos a merenda do día, uns deliciosos canapés de varios sabores.

Os de chocolate foron os que acadaron máis adeptos, aínda que os de atún con tomate tamén gustaron moito a nenos e maiores. Mirade nas fotos que concentrados e afaenados estabamos todos:


Abril... o mes de Quina, Mucha e Esther

Esta tarde estivemos de celebración por Atalaia.
Hoxe rendimos homenaxe os 86 anos de Quina, ós 84 de Esther e ós 79 de Mucha, que foron as protagonistas dunha fermosa tarde de baile, agarimos, tarta e agasallos.

Como mostra. aquí tedes as fotos da xornada:



18 abr 2013

Ensinando ás novas xeracións a coidar a horta

O profesorado do CEI Monte da Guía de Teis convidounos a compartir con eles unha xornada de plantación na pequena horta que teñen os nenos e nenas de 3 a 5 anos no patio do seu cole.

Nós aceptamos encantados a invitación, posto que xa sabedes que todo o que ten que ver có campo gústanos moito, e ademais estes pequenos son moi receptivos ás nosas explicacións. Así que para alá fumos...

E a xornada foi estupenda, o sol e a calor acompañounos, e entre todos, nenos e maiores preparamos a terra, abonamos e plantamos fresas, tomates e pementos...
Os nenos e nenas escoitaron moi atentos as nosas explicacións, observaron como faciamos a parte máis complexa do traballo e despois eles foron os encargados de poñer as plantiñas na terra.
Hoxe deixamos de lado as nosas dores e puxemonos a traballar, legón na man, posto que a causa ben merecía do noso esforzo.

Aquí tedes as fotos de todo:


¡¡¡¡Moitísimas gracias por convidarnos!!!
 Aquí tedes o enlace ó blog do CEI Monte da Guía:
 http://montedaguia.blogspot.com.es/2013/04/hoxe-traballamos-na-horta-cos-nosos.html