Dentro do noso programa interxeracional, polo que nenos e nenas do barrio comparten con nós dúas tardes á semana, organizamos un obradoiro de cociña para que os máis cativos tiveran a oportunidade de experimentar cós alimentos.
Os maiores foron os encargados de dirixir o obradoiro no que elaboramos xuntos a merenda do día, uns deliciosos canapés de varios sabores.
Os de chocolate foron os que acadaron máis adeptos, aínda que os de atún con tomate tamén gustaron moito a nenos e maiores.
Mirade nas fotos que concentrados e afaenados estabamos todos:
uy qué rico!! non quedería nada para probar, non?
ResponderEliminarOs rollitos eses de mermelada de fresa teñen unha pintaza!!
Vou a probar eu cos meus sobriños. Vós sempre con tantas ideas
bicazos
Marga