18 jun 2013

De crucero... a Cangas

O pasado venres 14 de xuño tivemos unha actividade moi especial, desas que deixan pegada.
Como recompensa a todo o traballo desenvolto polos maiores durante o longo inverno, organizamos unha saída de día completo ao Concello de Cangas con paseo en barco incluido.

E non o fixemos sós. Contamos coa impagable axuda dun grupo de voluntarios da Asociación Alborada, que nos acompañou durante toda a a xornada e fixeron posible que os maiores estivesen acompañados en todo momento e puidesen disfrutar do paseo con total seguridade.
 A xornada deu moito de sí. Empezamos co paseo no transporte de ría que collimos no porto de Vigo, para desembarcar en Cangas. Alí aproveitamos para pasear e curiosear polos postos do mercado e tamén para facer algo de exercicio no parque biosaludable da alameda.

Comimos no centro social de Cangas, nas instalacións que o Concello cedeunos desinteresadamente. Despois da estupenda comida, liamos un pouco de festa, xa sabedes como somos, con música e baile.

Foi unha xornada fantástica, desas que non se olvidan con facilidade. Por iso temos que dicir GRAZAS a tódalas persoas que o fixéstedes posible. Nós xa estamos traballando na seguinte...

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as máis de 200 fotos seleccionadas (aínda temos moitas máis) que o noso bo amigo Manuel G. Vicente fixo de toda a xornada.
Esperamos que as disfrutedes:

Para poñernos ó día...

Levamos un tempiño co blog algo descoidado...
E que as circunstancias ás veces fan que as cousas se compliquen, tedes que desculparnos.
Pero neste tempo nós seguimos traballando a reo.
Para mostra, hoxe publicamos as fotos da actividade que organizamos conxuntamente co alumnado do 4º curso do CEP Santa Tegra de Teis dentro do programa "Imos Sementar".
Compartimos unha mañá na horta do noso centro, plantando leitugas e facendo traballos básicos de limpeza.
Aquí tedes as fotos:


Tamén nestes días celebramos o cumpreanos de Lola. Aquí o tedes:


E dentro do programa Intercultural e Interxeracional rematamos estas fermosas flores tan primaverais:



Do resto das cousas nas que andamos liados xa vos iredes enterando.


Un saúdo e ata a próxima...