18 jun 2013

Para poñernos ó día...

Levamos un tempiño co blog algo descoidado...
E que as circunstancias ás veces fan que as cousas se compliquen, tedes que desculparnos.
Pero neste tempo nós seguimos traballando a reo.
Para mostra, hoxe publicamos as fotos da actividade que organizamos conxuntamente co alumnado do 4º curso do CEP Santa Tegra de Teis dentro do programa "Imos Sementar".
Compartimos unha mañá na horta do noso centro, plantando leitugas e facendo traballos básicos de limpeza.
Aquí tedes as fotos:


Tamén nestes días celebramos o cumpreanos de Lola. Aquí o tedes:


E dentro do programa Intercultural e Interxeracional rematamos estas fermosas flores tan primaverais:



Do resto das cousas nas que andamos liados xa vos iredes enterando.


Un saúdo e ata a próxima...

1 comentario:

  1. Xa sabíamos nós que aínda que non nos contárades, andaríades atarefad@s, vós sempre argallando cousas novidosas, interesantes e divertidas e entre tanto organizando algunha festiña, claro.......Feliciddaes Lola!

    biquiños

    Marga

    ResponderEliminar