Estamos en pleno mes de agosto, un mes "diferente", a calor, as vacacións, uns que veñen, outros que van,...
Pero agosto tamén é o mes no que podemos desfrutar de todo o que o campo nos da, despois de moitos meses de traballo, coidados e dedicación.

Nestas semanas xa tivemos oportunidade de comer leitugas, xudías, cabaciños.
Os nosos pementos están en plena producción, temos uns tomates preciosos que xa empezan a madurar, unhas fermosas berenxenas, remolachas que medran a moi bo ritmo, etc.
Os profesionais do Centro de día Atalaia creemos firmemente na potencialidade terapéutica e educativa do traballo co cotiá, polo que aproveitamos calquera oportunidade para ofrecer actividades significativas que reforcen actitudes participativas e se traballen as capacidades que cada un dos maiores ten.
Asimesmo, o traballo co cotiá potencia o sentimento de fogar que lle queremos dar ó noso centro.
O coidado da horta, con todo o que esta actividade supón, nos ofrece múltiples oportunidades de traballo nesta liña, e por iso a actividade diaria destas semanas está moi centrada na horta e o desfrute dos productos que esta nos está a ofrecer.
Como exemplo de actividade, achegamos as fotos dos diferentes obradoiros que estamos a desenvolver estes días, e nos que participan os nosos maiores en función das súas capacidades e intereses.
Obradoiro de mermelada de mora (aproveitando os silvais que temos nunha parte dos terreos):
olé, olé y olé por vosotras, profesionales del centro de día Atalaia!!
ResponderEliminarsi es que la huerta de toda la vida da mucho de sí, claro que sí!! trabajo manual, actividad relacional, ejercicio físico, reminiscencias y.....y además esas mermeladas tienen una pintaza de morirse de envidia por no probarlas.....y los pimientos qué decir, debían estar deliciosos y con sabor sabor, no como los del super!!
Alimentación sana 100%.
Besitos y a seguir cuidando de ese tesoro de huerta que teneis
Marga, vuestra fan nº1