
Por todo isto recomendo que acudan ó seu centro de saúde, para asesorarse sobre a conveniencia de que se vacinen fronte a gripe as persoas maiores que están ó seu cargo, así como vostedes mesmos. Sería convinte que aproveitasen a visita ó seu médico de cabeceira, para revisar outras vacinas necesarias no maior, como son a vacina fronte ó neumococo (esta bacteria produce con frecuencia neumonías, con graves consecuencias para os maiores e inmunodeprimidos) e a vacina fronte ó tétanos e a difteria.
É de utilidade que ó acudir ó médico do centro de saúde para revisar as vacinas necesarias para o maior, leve con vostede as antigas cartillas de vacinación que poida ter o maior na casa. RECORDE, É MELLOR PREVIR QUE CURAR Se o maior se atopase enfermo e sospeitasen de gripe, a mellor actuación será poñerse en contacto telefónico co centro de saúde, e deixalo namentres na casa, para evitar que infecte a outras persoas. As vacinas preveñen moitas enfermidades graves, evitando tratamentos con moitos efectos secundarios e menos efectivos que unha vacina a tempo.
Lembre que a Consellería de Sanidade habilitou un teléfono para atender emerxencias non urxentes: 986 806350. Tamén poden chamar ó seu centro de saúde para maior información sobre a campaña de vacinación. NO CASO DE VACINAR O MAIOR, AGRADECERÍAMOS QUE NOS INFORMASE PARA QUE CONSTE NO CENTRO DE DÍA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario