Hai xa tres anos iniciamos un programa en colaboración cós centros educativos do noso contorno polo que usuarios/as do noso centro comparten co alumnado os seus saberes en torno ó campo e os cultivos.
Onte achegámonos unha vez máis ó cole Santa Tegra de Teis, para compartir, desta vez co alumnado de terciero curso, unha xornada na que os nenos/as aprenderon os aspectos básicos de como facer un semilleiro, desta vez, de leitugas.
Foron uns alumnos/as moi aplicados, e despois dun excelente traballo, quedan responsables de coidar os seus semilleiros ata que estén en condicións de ser transplantados na nosa horta.
Aquí deixamos algunhas fotiños do que deu de si a xornada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario